BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g18 núm. 3 páx. 3
  • A dor de perder un ser querido

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A dor de perder un ser querido
  • Despertade! (2018)
  • Información relacionada
  • Índice
    Despertade! (2018)
  • Axuda para quen perdeu un ser querido
    Despertade! (2018)
  • Posibles desafíos
    Despertade! (2018)
  • Introdución
    Despertade! (2018)
Ver máis
Despertade! (2018)
g18 núm. 3 páx. 3
Un home moi triste sentado só nunha cafetería.

AXUDA PARA QUEN PERDEU UN SER QUERIDO

A dor de perder un ser querido

“Sophia e mais eu levabamos máis de 39 anos casados cando unha longa enfermidade acabou coa súa vida.a Tiven moito apoio dos meus amigos e mantívenme ocupado. Pero a pesar diso, durante todo o primeiro ano sentín unha dor insoportable. Non era capaz de controlar as miñas emocións, un día estaba eufórico e outro afundido, parecía unha montaña rusa. Incluso agora, case tres anos despois da súa morte, ás veces aínda me invaden sentimentos moi dolorosos, e normalmente fano sen previo aviso” (Kostas).

Perdiches algunha vez un ser querido na morte? Se é así, seguro que te sentes identificado co que dixo Kostas. Poucas cousas causan máis ansiedade e dor que a morte da parella, dun familiar ou dun bo amigo. Os expertos que estudan a dor que causa a perda dun ser querido están de acordo con isto. Un artigo publicado na revista The American Journal of Psychiatry di que “a morte é sen dúbida a perda máis permanente e extrema que existe”. Alguén que sufriu unha perda tan terrible podería preguntarse: “Canto van durar estes sentimentos? Volverei a ser feliz algún día? Que podo facer para sentirme mellor?”.

Estas preguntas respóndense neste número de Despertade! O seguinte artigo explica a que sentimentos te poderías enfrontar se hai pouco que perdiches un ser querido. E nos demais artigos verás algunhas cousas que podes facer para aliviar a túa dor.

Esperamos sinceramente que o contido desta revista lles dea consolo e axuda ós que están sufrindo pola perda dun ser querido.

a Nesta serie de artigos cambiáronse algúns nomes.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir