BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g20 núm. 1 páx. 4
  • Cales son as causas do estrés?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cales son as causas do estrés?
  • Despertade! (2020)
  • Información relacionada
  • Que é o estrés?
    Despertade! (2020)
  • Estás estresado?
    Despertade! (2020)
  • Índice
    Despertade! (2020)
  • Que podemos facer cando estamos estresados?
    Despertade! (2020)
Despertade! (2020)
g20 núm. 1 páx. 4

COMO REDUCIR O ESTRÉS

Cales son as causas do estrés?

A Clínica Mayo, dos Estados Unidos, afirma: “A maioría dos adultos sofren niveis de estrés cada vez máis altos. A vida moderna está chea de cambios e incertezas”. Algunhas cousas que nos provocan estrés son:

  • o divorcio

  • a morte dun ser querido

  • unha enfermidade grave

  • un accidente

  • a delincuencia

  • un ritmo de vida frenético

  • os desastres, tanto os naturais coma os causados polo home

  • as presións na escola ou no traballo

  • a preocupación polo traballo e os cartos

PERDER O TRABALLO

A Asociación Americana de Psicoloxía di: “Perder o traballo pode ser devastador. Aumenta o risco da persoa a enfermar, a ter problemas no matrimonio, a ter ansiedade e depresión, e ata a pode levar ó suicidio. Quedar sen traballo afecta a tódolos aspectos da vida”.

O ESTRÉS INFANTIL

Cada vez é máis habitual que os nenos teñan estrés. Algúns son vítimas do acoso escolar, non reciben a atención que necesitan na casa ou sofren abusos físicos, emocionais ou sexuais. Moitos teñen ansiedade a causa dos exames e das notas escolares, e outros ven como se desfai a súa familia por culpa do divorcio. O estrés infantil pode causar pesadelos, problemas de aprendizaxe, depresión ou a tendencia a illarse. Algúns nenos non conseguen controlar as súas emocións. Os nenos que sofren estrés necesitan axuda urxentemente.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir