BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g21 núm. 3 páx. 3
  • Como decidir?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como decidir?
  • Despertade! (2024)
  • Información relacionada
  • Como empezou a vida?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Analiza as probas
    Despertade! (2024)
  • Introdución
    Despertade! (2024)
  • Quen fixo a Deus?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
Despertade! (2024)
g21 núm. 3 páx. 3
Unha muller mirando con curiosidade a un sacerdote cunha Biblia e a un científico cun modelo de ADN.

Como decidir?

“O Universo pode crearse e crearase a si mesmo do nada” (The Grand Design, escrito por Stephen Hawking e Leonard Mlodinow, 2010).

“No principio creou Deus o ceo e a terra” (A Biblia, Xénese 1:1).

Creou Deus o Universo e a vida que hai nel ou é todo resultado da casualidade? As palabras dos dous físicos que citamos antes e as do inicio da Biblia dan dúas respostas totalmente opostas a esta pregunta. Cada unha destas opinións conta con moita xente que a apoia con firmeza. De feito, debátese sobre isto en libros moi vendidos e en programas de televisión. Pero hai unha gran cantidade de persoas que non sabe que crer.

É posible que os teus profesores che asegurasen que o Universo e a vida xurdiron de maneira espontánea, e non porque Deus os crease. Pero, déronche probas de que non existe un Creador? Por outro lado, quizais escoitaches a líderes relixiosos afirmar que si que hai un Creador. Pero, aportáronche probas que apoien a súa opinión? Ou simplemente che explicaron que tes que aceptalo porque eles o din ou porque é un asunto de “fe”?

É probable que pensases neste tema e sentises que ninguén che pode asegurar se realmente existe un Creador. Quizais tamén te preguntaches: “De verdade importa?”.

Esta revista presentará algúns feitos que convenceron a moitas persoas de que existe un Creador. Despois explicará por que é importante saber como chegou a existir o Universo e a vida na Terra.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir