O que nos di a Biblia
“Esta é a historia da creación do ceo e da terra” (Xénese 2:4). Con estas palabras, a Biblia resume o relato de como chegou a existir o noso planeta. Coincide co que di a ciencia? Imos velo.
O principio: os ceos e a terra son creados.
Existiu sempre o Universo?
Xénese 1:1 di: “No principio creou Deus o ceo e a terra”.
Ata a segunda parte do século 20, moitos científicos importantes crían que o Universo sempre existira. Pero baseándose en descubrimentos recentes, a maioría dos científicos recoñecen que tivo un principio.
Como era a Terra no principio?
Xénese 1:2, 9 descríbea como “unha masa disforme e baldeira”, cuberta de auga.
Isto coincide co que os científicos descubriron recentemente. O biólogo Patrick Shih di que, ó principio, o noso planeta tiña “unha atmosfera irrespirable e sen osíxeno”, e que “todo parecía unha escena de ciencia ficción”. A revista Astronomy comenta: “As novas investigacións indican que, no seu orixe, a Terra estaba cuberta de auga e apenas había terra seca”.a
Como cambiou a atmosfera co paso do tempo?
Xénese 1:3-5 indica que só unha luz tenue atravesaba a atmosfera. Pasou un tempo ata que se viron claramente o Sol e a Lúa dende a Terra (Xénese 1:14-18).
A Biblia non di que toda a vida na Terra fose creada en 6 días de 24 horas
O Centro Smithsonian de Investigacións Ambientais di que, ó principio, a nosa atmosfera só permitía que unha luz difusa chegase ata a Terra. Explica: “As pingas de metano do aire formaban unha bruma que rodeaba a Terra nos seus inicios”. Máis tarde “a bruma despexouse e o ceo volveuse azul”.
En que orde apareceu a vida na Terra?
Xénese 1:20-27 indica que a orde foi a seguinte: os peixes, os paxaros, os animais terrestres, as aves e, por último, os humanos. Os científicos cren que os peixes apareceron moito antes que os mamíferos, e os humanos moito despois.
A Biblia non di que os seres vivos non poidan cambiar ó longo do tempo
Que non di a Biblia?
Hai quen asegura que a Biblia e os descubrimentos científicos modernos non están de acordo. Pero moitas veces fanse estas afirmacións porque non se entendeu ben o que realmente di a Biblia.
A Biblia non afirma que o Universo ou a Terra teñan só 6000 anos. Máis ben, simplemente di que foron creados “no principio” (Xénese 1:1). Non especifica cando foi isto.
A Biblia non di que toda a vida na Terra fose creada en 6 días de 24 horas. Máis ben, usa a palabra día para referirse a períodos de tempo. Por exemplo, di que a creación do noso planeta e da vida que hai nel —os seis períodos de tempo chamados días no capítulo 1 da Xénese— sucedeu no período de tempo chamado “o Día que Yavehb Deus fixo a terra e máis os ceos” (Xénese 2:4, Sagra Biblia en Galego, Manuel Casado Nieto, SBG). Así que cada un dos días creativos durante os cales Deus preparou a Terra e creou a vida que hai nela podería equivaler a un período de tempo moi longo.
A Biblia non di que os seres vivos se manteñen sempre iguais, sen cambiar ó longo do tempo. O libro da Xénese menciona que os animais foron creados segundo “varias especies” (Xénese 1:24, 25). A Biblia e a ciencia non utilizan a palabra especie co mesmo significado. Na Biblia, o significado é máis amplo. Ó que nela se lle chama especie pode incluír seres vivos que, segundo a ciencia, son de moitas especies ou variedades. Así que, é posible que seres vivos que son da mesma especie (en sentido bíblico) e que viviron na mesma comunidade sufrisen algúns cambios co paso do tempo.
Ti que opinas?
Como se mencionou arriba, a Biblia describe de maneira sinxela e exacta como empezou o Universo, como era a Terra ó principio e como foi aparecendo a vida. Podería ser, entón, que a Biblia tamén identifique de maneira exacta o Creador destas cousas? Segundo a Encyclopædia Britannica, “o feito de que a vida xurdise a partir dun acontecemento sobrenatural, [...] en xeral, non contradí o que os científicos saben na actualidade”.c
a 6 de marzo de 2020, páx. 1. Artigo “Ancient Earth may have been a ‘water world’ with no dry land”, escrito por Korey Haynes.
b A Biblia ensina que o nome de Deus é Iavé ou Xehová.
c A Encyclopædia Britannica non promove a idea de que a vida fose creada.