BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g22 núm. 1 páxs. 4-6
  • 1 | Coida da túa saúde

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 1 | Coida da túa saúde
  • Despertade! (2022)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE?
  • O que deberías saber
  • O que podes facer xa agora
  • Que podemos facer cando estamos estresados?
    Despertade! (2020)
  • Valora o regalo da vida
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Despertade! (2022)
g22 núm. 1 páxs. 4-6
Variedade de comida sa nunha mesa.

UN MUNDO EN CRISE

1 | Coida da túa saúde

POR QUE É IMPORTANTE?

Unha crise pode afectar á saúde das persoas directa ou indirectamente.

  • Fai que as persoas se estresen e, se isto se prolonga, a miúdo provoca que enfermen con máis facilidade.

  • Pode colapsar os sistemas de saúde e facer que non haxa suficientes medicamentos.

  • Dificulta pagar os produtos básicos, como a comida ou os medicamentos.

O que deberías saber

  • As enfermidades graves e o estrés poden afectar ó teu xuízo e facer que tomes malas decisións en temas de saúde. Como resultado, quizais te poñas aínda máis enfermo.

  • Se non tratas os teus problemas de saúde podes empeoralos e incluso poñer en risco a túa vida.

  • Canto máis san esteas, mellor preparado estarás para tomar boas decisións en momentos difíciles.

  • Sen importar a túa situación económica, podes facer certas cousas para coidar da túa saúde.

O que podes facer xa agora

Sempre que se poida, unha persoa sabia ten en conta os posibles perigos e toma medidas de precaución. Así que, se queres ter menos probabilidades de enfermar ou de empeorar, ten bos hábitos de hixiene. Máis vale previr que curar.

“Como nos mantemos limpos nós mesmos e tamén a nosa casa, aforramos en visitas ó médico e en tratamentos” (Andreas).a

a Cambiáronse algúns nomes.

COMO FACERLLE FRONTE. Algúns consellos

En tempos de crise, coida da túa saúde seguindo estes consellos prácticos

MANTÉN UNHA BOA HIXIENE

Un home no exterior lavando as mans con auga e xabón.

Mantén unha boa hixiene

O que di a Biblia: “O asisado ve o perigo e apártase” (Proverbios 22:3). Intenta anticiparte e evitar posibles riscos para a túa saúde.

  • Lava as mans frecuentemente con auga e xabón, sobre todo antes de tocar comida ou despois de ir ó baño.

  • Limpa e desinfecta a túa casa con regularidade, especialmente as superficies e obxectos que tocas con frecuencia.

  • Sempre que sexa posible, evita o contacto estreito con persoas que teñan enfermidades infecciosas.

SIGUE UNHA DIETA SAUDABLE

Variedade de comida sa nunha mesa.

Sigue unha dieta saudable

O que di a Biblia: “Ninguén odiou endexamais a súa propia carne senón que a mantén e aquece” (Efesios 5:29). Demostramos que amamos o noso corpo tendo coidado co que consumimos.

  • Bebe moita auga.

  • Come diferentes froitas e verduras.

  • Non consumas moita graxa, sal ou azucre.

  • Non fumes, non tomes demasiado alcohol e non te drogues.

“Para evitar enfermar, intentamos manter unha dieta saudable. Senón teriamos que gastar o pouco que temos en consultas e medicinas, pero preferimos usalo en comprar comida sa” (Carlos).

FAI EXERCICIO E DESCANSA O SUFICIENTE

Un home correndo por un camiño de terra.

Fai exercicio

O que di a Biblia: “É mellor un puñado de descanso que dous puñados de traballo duro e perseguir o vento” (Eclesiastés 4:6, TNM). Temos que saber equilibrar o traballo e o descanso.

  • Mantente activo. Podes empezar por dar paseos regularmente. A actividade física pode mellorar a túa saúde incluso se es maior, se sofres unha discapacidade ou se tes unha enfermidade crónica.

  • Unha rapaza durmindo a sesta.

    Descansa

    Descansa o suficiente. A curto prazo, a falta de sono pode aumentar o estrés e reducir a concentración. E, a longo prazo, pode provocar problemas graves de saúde.

  • Pon unha hora para ir durmir que sexa realista, e cúmprea. Intenta ir para a cama e levantarte tódolos días á mesma hora.

  • Evita ver a tele ou usar outros dispositivos electrónicos na cama.

  • Evita as comidas pesadas, a cafeína e o alcohol antes de ir durmir.

“Deime conta de que a calidade do sono afecta a tódolos aspectos da miña saúde. Se non descanso o suficiente ás veces teño dor de cabeza e dóeme todo o corpo. Pero cando durmo ben, sinto que podo conquistar o mundo! Teño moita enerxía e é máis difícil que me poña enfermo” (Justin).

Unha escena do vídeo “Como defenderte cando un virus ataca”. Unha muller abre a porta principal da súa casa a unha partícula dun virus.

PARA APRENDER MÁIS. Mira o vídeo Como defenderte cando un virus ataca. Ademais podes ler o artigo “Mejore su salud. ¿Cómo?” (dispoñible en español).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir