BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g22 núm. 1 páxs. 10-12
  • 3 | Coida dos teus seres queridos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 3 | Coida dos teus seres queridos
  • Despertade! (2022)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE?
  • O que deberías saber
  • O que podes facer xa agora
  • Escolle ben os teus amigos
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Nesta revista
    Despertade! (2022)
  • Como educar ós vosos fillos?
    A túa familia pode ser feliz
  • Como podes ter unha familia feliz? (Parte 2)
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Despertade! (2022)
g22 núm. 1 páxs. 10-12
Un matrimonio maior feliz mentres se abraza.

UN MUNDO EN CRISE

3 | Coida dos teus seres queridos

POR QUE É IMPORTANTE?

A medida que a situación deste mundo vai a peor, moitas persoas deixan de coidar dos seus seres queridos.

  • A xente íllase.

  • Os matrimonios discuten máis.

  • Os pais danlles pouca ou ningunha importancia ás preocupacións dos seus fillos.

O que deberías saber

  • Ter amigos é esencial para a túa saúde física e emocional, especialmente nos tempos difíciles.

  • O estrés pola inestabilidade mundial pode afectar á túa familia de maneiras inesperadas.

  • As noticias alarmantes quizais lles afectan ós teus fillos máis do que pensas.

O que podes facer xa agora

O que di a Biblia: “O verdadeiro amigo ama en todo momento e é un irmán en tempos de angustia” (Proverbios 17:17, TNM).

Pensa en alguén que te apoia e que che pode dar consellos prácticos. Saber que esa persoa se preocupa por ti pode darche as forzas que necesitas para enfrontarte ós problemas de cada día.

COMO FACERLLE FRONTE. Algúns consellos

En tempos de crise, coida dos teus seres queridos seguindo estes consellos prácticos

FORTALECE O TEU MATRIMONIO

Un matrimonio maior feliz mentres se abraza.

Fortalece o teu matrimonio

O que di a Biblia: “Mellor son dous ca un [...]. Se caen, un pode axudar ó outro” (Eclesiastés 4:9, 10). O marido e a muller deben ser compañeiros de equipo, non rivais.

  • Se estades estresados non vos desquitedes un co outro. Intentade ser pacientes e tolerantes.

  • Polo menos unha vez á semana, falade dos problemas que necesitades resolver. Recordade atacar o problema, non un ó outro.

  • Pasade tempo xuntos facendo cousas que vos gusten ós dous.

  • Recordade os bos momentos que pasastes xuntos, quizais mirando fotos da vosa voda ou doutros recordos bonitos.

“Quizais un matrimonio non estea de acordo en todo, pero iso non significa que non poida funcionar coma un equipo. Poden tomar unha decisión entre os dous e despois traballar xuntos para intentar que todo saia ben” (David).

MANTÉN AS TÚAS AMIZADES

  • Mulleres de diferentes razas rindo e desfrutando de pasar tempo xuntas.

    Mantén as túas amizades

    Ademais de recibir apoio dos teus amigos, pensa en maneiras de darlles ti ese apoio. Ó animar a outros, anímaste a ti mesmo.

  • Cada día, fala con algúns dos teus amigos para saber como están.

  • Pregúntalles ós teus amigos como superaron problemas parecidos ós teus.

“Cando estás no medio dunha tormenta, os amigos son coma un punto de referencia. Poden guiarte na dirección correcta incluso só recordándoche as cousas que xa sabes. Os amigos preocúpanse por ti e saben que ti te preocupas por eles” (Nicole).

SÉ UN PAI COMPRENSIVO

Uns pais cos seus dous fillos sentados nun pequeno embarcadoiro admirando as vistas.

Sé un pai comprensivo

O que di a Biblia: “Espilido para escoitar, calmo para falar” (Santiago 1:19). Ó principio, é posible que os teus fillos non queiran falar sobre os seus medos e preocupacións. Pero escóitaos con paciencia e así seralles máis fácil abrirse.

  • Crea un ambiente cómodo para que se poidan expresar. Algúns nenos están máis dispostos a falar cando están tranquilos, coma indo no coche ou dando un paseo, en vez de falando cara a cara cos seus pais.

  • Asegúrate de que non vexan demasiadas noticias alarmantes.

  • Failles saber que pasos deches para coidar da familia.

  • Ten un plan de emerxencia e practícao con eles.

“Fala cos teus fillos e deixa que expresen como se senten. Quizais leven un tempo escondendo os seus medos, preocupacións ou enfados. Failles saber que ti tamén tiveches os mesmos sentimentos e cóntalles como lles fixeches fronte” (Bethany).

Unha escena do vídeo “A túa familia pode ser feliz”. Unha parella feliz camiñando da man.

PARA APRENDER MÁIS. Mira o vídeo A túa familia pode ser feliz.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir