BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g22 núm. 1 páxs. 13-15
  • 4 | Mantén a esperanza

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 4 | Mantén a esperanza
  • Despertade! (2022)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE?
  • O que deberías saber
  • O que podes facer xa agora
  • A Biblia dános verdadeira esperanza
  • Onde podo atopar esperanza?
    Preguntas sobre a Biblia
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • A Biblia dános esperanza
    Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
  • Podemos mirar cara ó 2024 con esperanza? O que di a Biblia.
    Outros temas
Ver máis
Despertade! (2022)
g22 núm. 1 páxs. 13-15
Unha Biblia aberta ó lado dun vaso con flores.

UN MUNDO EN CRISE

4 | Mantén a esperanza

POR QUE É IMPORTANTE?

A ansiedade polos problemas do mundo pode afectarlles ás persoas física e emocionalmente. Por culpa diso moitos perderon a esperanza e non pensan que haxa luz ó final do túnel. Como se comportan?

  • Deixan de pensar no futuro.

  • Calman as penas con alcohol e drogas.

  • Hai quen incluso se pregunta “Para que seguir loitando?” e pensa que é mellor morrer.

O que deberías saber

  • Algúns dos problemas ós que te enfrontas quizais sexan temporais e poden cambiar para mellor en calquera momento.

  • Incluso se a túa situación non cambia, hai cousas que podes facer para soportala.

  • A Biblia promete unha solución permanente para os problemas da humanidade.

O que podes facer xa agora

O que di a Biblia: “Así que non vos angustiedes polo día seguinte, porque o día seguinte terá as súas propias preocupacións. Xa chega cos problemas que hai cada día” (Mateo 6:34).

Vai día a día. Non deixes que as preocupacións de mañá che impidan facerte cargo das responsabilidades que tes hoxe.

Preocuparte polas cousas negativas que poderían pasar só che fará sentir máis estrés e debilitará a túa esperanza dun futuro mellor.

COMO FACERLLE FRONTE. Algúns consellos

CÉNTRATE NO POSITIVO

Unha muller mirando contenta a través dunha ventá.

O que di a Biblia: “Tódolos días do desgraciado son tristes; para o de ánimo alegre, un banquete continuo” (Proverbios 15:15). Se te centras demasiado no problema é posible que non poidas ver a solución. Pero, se tes unha actitude positiva, poderás encontrar maneiras de enfrontarte a esa situación.

  • Limita o tempo e a atención que lles dedicas ás noticias.

  • Ó final de cada día, fai unha lista de dúas ou tres cousas polas que podes estar agradecido.

  • Fai unha lista só co que podes facer hoxe. Divide as tarefas grandes noutras máis pequenas para poder ver os resultados ó final do día.

PIDE AXUDA

Un home maior animando un xove.

O que di a Biblia: “O que se illa [...] rexeita toda sabedoría práctica” (Proverbios 18:1, TNM). Ti só non podes saír dun pozo profundo. Necesitas que che boten unha man.

  • Pídelle á túa familia ou amigos que che axuden.

  • Busca maneiras nas que ti lles podes axudar a eles. Facer cousas por outros permitirache ver os teus problemas con outra perspectiva.

  • Se perdiches a esperanza e sentes que non ten sentido vivir, pensa en buscar axuda médica. Ás veces sentirse así é un síntoma de que tes unha enfermidade, como a depresión. A moita xente foille ben seguir un tratamento médico.a

a Despertade! non recomenda ningún tratamento en particular.

A Biblia dános verdadeira esperanza

Hai moitos anos, un salmista díxolle a Deus en oración: “A túa palabra é o faro [ou lámpada] dos meus pés” (Salmo 119:105). Analiza como a Biblia, a Palabra de Deus, é coma unha lámpada.

Nunha noite escura, unha lámpada permítenos ver por onde camiñar. De maneira parecida, a Biblia contén consellos prácticos que nos poden guiar cando teñamos que tomar unha decisión difícil.

Unha lámpada pode iluminar o noso camiño e permitirnos ver que hai máis adiante. Do mesmo xeito, a Biblia pode mostrarnos o que nos espera no futuro.

A Biblia é un libro sagrado que non só fala da orixe da humanidade. Tamén dá unha esperanza verdadeira para o futuro. Responde estas preguntas:

Como?

Como empezou o sufrimento? A Biblia di que “o pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a morte pasou a tódolos homes e, en consecuencia, todos quedaron incursos no pecado” (Romanos 5:12).

Por que?

Por que os seres humanos non puidemos arranxar os nosos problemas? A Biblia explica que “o home non é dono do seu camiñar” (Xeremías 10:23). Os problemas deste mundo demostran que isto é un feito.

Que?

Que fará Deus para arranxar esta situación? A Biblia mostra que el “enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (Apocalipse 21:4).

Unha escena do vídeo “Por que estudar a Biblia?”. A muller comparte algo que leu na Biblia co seu marido.

PARA APRENDER MÁIS. Mira o vídeo Por que estudar a Biblia?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir