BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g23 núm. 1 páxs. 6-8
  • Os océanos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Os océanos
  • Despertade! (2023)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Que ameaza os océanos
  • Un planeta deseñado para sobrevivir
  • Que se está facendo para intentar solucionar o problema
  • Hai razóns para ter esperanza. O que di a Biblia
  • Índice
    Despertade! (2023)
  • Nesta revista
    Despertade! (2023)
  • Introdución
    Despertade! (2023)
Despertade! (2023)
g23 núm. 1 páxs. 6-8
Un submarinista nadando no océano rodeado de peixes de cores, corais e plantas mariñas.

Georgette Douwma/Stone via Getty Images

PODERÁ SOBREVIVIR O NOSO PLANETA?

OS OCÉANOS

OS OCÉANOS non só subministran gran parte dos alimentos que comemos, senón tamén moitos ingredientes que necesitamos para elaborar medicamentos. Ademais, producen máis da metade do osíxeno do mundo e absorben as emisións de carbono das actividades humanas. Os océanos tamén regulan o clima.

Que ameaza os océanos

O cambio climático é unha ameaza para os arrecifes de coral, mariscos e outras formas de vida mariñas. Os científicos predín que case tódolos arrecifes, que sustentan polo menos a cuarta parte de toda a vida coñecida no mar, poderían estar a punto de desaparecer nos próximos 30 anos.

Os expertos calculan que é probable que ata o 90% das aves mariñas comesen plásticos. E crese que os plásticos que hai nos océanos matan millóns de animais mariños cada ano.

“O mundo deu por sentado o océano”, afirmou en 2022 o Secretario Xeral das Nacións Unidas, António Guterres, “e agora enfróntase a unha ‘emerxencia oceánica’”.

Un planeta deseñado para sobrevivir

Tanto os océanos como a vida que hai neles están deseñados para manterse limpos e sans cando non están desbordados pola contaminación humana. O libro Regeneration: Ending the Climate Crisis in One Generation explica que, cando unha parte do mar está protexida da industria humana, “pode utilizar a súa capacidade rexenerativa innata para limparse”. Vexamos algúns exemplos:

  • Os minúsculos organismos chamados fitoplancto consomen e almacenan dióxido de carbono. Crese que este gas é o principal causante do quecemento global. Tan só o fitoplancto almacena case a mesma cantidade de dióxido de carbono que tódalas árbores, herbas e outras plantas terrestres xuntas.

  • Os microbios aliméntanse de restos de peixes mortos, que doutro xeito contaminarían o océano. Despois, os propios microbios convértense no alimento doutras criaturas mariñas. Segundo a páxina web Ocean, do Instituto Smithsoniano, este traballo en equipo “mantén o océano limpo e claro”.

  • Moitas criaturas do océano utilizan o seu sistema dixestivo para transformar as augas ácidas, que danan os corais, mariscos e outras criaturas, en augas alcalinas máis saudables.

    SABÍALO?

    As herbas mariñas e a saúde oceánica

    Unha imaxe de ondas achegándose á costa na que se ve o fondo, as herbas e algúns animais mariños. Cando as ondas se achegan á costa, as herbas mariñas reducen o tamaño e a velocidade das ondas e atrapan os sedimentos. Os peixes e outros animais atopan comida nas herbas mariñas. A auga que chega á costa está máis limpa e as ondas son máis suaves.

    As herbas mariñas atrapan os sedimentos e mantéñenos no seu lugar, estabilizando o fondo mariño. Estas herbas conservan a boa saúde dos corais e ata protexen as costas axudando a reducir o tamaño das ondas do mar e limitando a erosión das praias.

Que se está facendo para intentar solucionar o problema

Serie de imaxes: 1. Un home sacando a compra dunha bolsa reutilizable no mesado da súa cociña. 2. Unha muller enchendo unha garrafa de auga reutilizable na billa da súa cociña.

Usar bolsas e botellas de auga reutilizables pode axudar a reducir a cantidade de residuos plásticos nos nosos océanos

Se nunca entrasen residuos no mar, non necesitaría que o limpásemos. Así que, os expertos animan as persoas a reutilizar bolsas, ferramentas e envases en lugar de usar produtos de plástico só unha vez e despois desfacerse deles.

Pero hai que facer algo máis. Recentemente, unha organización ecoloxista recolleu nun ano máis de 8300 toneladas de lixo que as mareas oceánicas verteran nas praias en 112 países. Con todo, iso era só unha milésima parte do lixo que entra no océano cada ano.

Un artigo publicado pola National Geographic afirma que “a acidificación [dos océanos] que se levou a cabo ata o presente é probablemente irreversible”. As criaturas mariñas “enfróntanse a unha economía mundial que se sostén con combustibles fósiles baratos. Non é unha loita xusta”.

Hai razóns para ter esperanza. O que di a Biblia

“A terra está chea das túas criaturas. Alá o mar grande e espazoso, con réptiles que non se contan, con animais pequenos e grandes” (Salmo 104:24, 25 [SEPT2021]).

O noso Creador deseñou os océanos coa capacidade de limparse. Entón, pensa no seguinte: se el coñece tan ben o mar e a vida mariña, non poderá tamén desfacer o dano que se lles causou ós océanos? Mira o artigo “Deus promete que o noso planeta sobrevivirá”, na páxina 15.

APRENDE MÁIS

Un caldeirón nadando no océano.

Blue Planet Archive/Doug Perrine

Os científicos aprenderon dunha criatura mariña como limpar os cascos dos barcos grandes sen usar substancias químicas tóxicas. Le o artigo “La piel del calderón o ballena piloto” (dispoñible en español), en jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir