CAPÍTULO 37
Debería bautizarme xa?
Indica se as seguintes afirmacións son certas ou falsas:
O bautismo é un requisito para os cristiáns.
❏ Certo
❏ Falso
O propósito principal do bautismo é protexerte de caer no pecado.
❏ Certo
❏ Falso
O bautismo fai posible que te poidas salvar.
❏ Certo
❏ Falso
Se non estás bautizado, Deus non che pedirá contas polo que fagas.
❏ Certo
❏ Falso
Se os teus amigos xa se bautizaron significa que ti tamén estás preparado.
❏ Certo
❏ Falso
SE VIVES de acordo coas normas bíblicas, te estás esforzando por ser amigo de Deus e falas das túas crenzas con outras persoas, o máis natural é que esteas pensando en bautizarte. Pero, como podes saber se estás listo? Algo que che axudará é analizar o que respondiches no cuestionario do principio.
● O bautismo é un requisito para os cristiáns.
Certo. Xesús dixo que os seus discípulos tiñan que bautizarse (Mateo 28:19, 20). De feito, o propio Xesús tamén se bautizou. Por iso, para seguir a Cristo, é necesario que ti tamén te bautices cando teñas a madurez necesaria e esteas seguro de que queres facelo.
● O propósito principal do bautismo é protexerte de caer no pecado.
Falso. O bautismo é unha demostración pública de que xa te dedicaches a Xehová. E a túa dedicación non é un simple contrato que che impida facer cousas que no fondo che gustan. Máis ben, dedicas a túa vida a Xehová por que queres vivir de acordo coas súas normas.
● O bautismo fai posible que te poidas salvar.
Certo. A Biblia di que o bautismo é un paso moi importante para que te poidas salvar (1 Pedro 3:21). Pero non debes velo coma unha póliza de seguros que te vai protexer en caso de desastre. Bautízaste porque amas a Xehová e queres servilo para sempre con todo o teu corazón (Marcos 12:29, 30).
● Se non estás bautizado, Deus non che pedirá contas polo que fagas.
Falso. Santiago 4:17 di: “O que coñece o ben que ten que facer e non o fai, comete pecado”, sen importar que estea bautizado ou non. Iso significa que, se sabes o que está ben e tes a madurez necesaria para decidir que farás coa túa vida, quizais sexa momento de falar cos teus pais ou cun cristián maduro sobre este tema. Eles poden axudarche a saber que tes que facer para estar listo para o bautismo.
● Se os teus amigos xa se bautizaron significa que ti tamén estás preparado.
Falso. A decisión de bautizarte ten que saírche do corazón (Isaías 6:8). E só debes tomala cando comprendas ben todo o que implica ser testemuña de Xehová e esteas seguro de que estás preparado para asumir esa responsabilidade (Eclesiastés 5:3, 4 [5:4, 5, TNM]).
Un paso que che vai cambiar a vida
O bautismo cámbiache a vida e ábreche a porta a moitísimas bendicións. Pero tamén implica unha gran responsabilidade. Cal? Vivir de acordo co que lle prometiches a Xehová cando te dedicaches a el.
Estás preparado para bautizarte? Entón, tes motivos para estar contento. Non hai privilexio máis grande que servir a Xehová de todo corazón e demostrarlle día a día que vives para el (Mateo 22:36, 37).
Aprende que metas te podes poñer para sacarlle o máximo proveito á túa vida.
TEXTO CLAVE
“Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus, que ofrezáde-los vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus” (Romanos 12:1).
IDEA
Coa axuda dos teus pais, pensa en alguén da congregación que che poida axudar a facer os cambios necesarios para bautizarte (Feitos 16:1-3).
SABÍALO
O bautismo é unha parte fundamental da “marca” que te identifica para a salvación (Ezequiel 9:4-6).
MANS Á OBRA!
Para poder bautizarme teño que entender mellor estas ensinanzas da Biblia․․․․․
Que quero preguntarlles ós meus pais sobre este tema?
TI QUE PENSAS?
● Por que é o bautismo un paso tan serio?
● Que podería facer que alguén decidise bautizarse demasiado pronto?
● Que podería facer que un rapaz ou unha rapaza pospuxese innecesariamente a decisión de dedicarse e bautizarse?
[Frase destacada]
“Lembrar que estou bautizada axúdame a tomar boas decisións e a non facer cousas que poderían meterme en problemas.” (Holly)
[Recadro/Imaxe]
Preguntas frecuentes sobre o bautismo
Que simboliza o bautismo? Ser mergullado na auga e saír dela significa que deixas por completo o modo de vida egoísta que levabas ata ese momento e que empezas a vivir para facer a vontade de Xehová.
Que significa dedicar a túa vida a Xehová? Significa que renuncias a ti mesmo e que a partir dese momento o máis importante na túa vida vai ser facer a vontade de Deus (Mateo 16:24). Por iso, antes de bautizarte, tes que facerlle unha oración a Xehová na que lle prometes formalmente que te dedicas a el.
Que deberías estar facendo xa antes de bautizarte? Antes de bautizarte deberías vivir de acordo coa Palabra de Deus e falar con outros sobre a túa fe. Tamén terías que estreitar a túa amizade con Xehová orándolle e estudando a súa Palabra. E deberías facer todo iso porque ti decidiches facelo, non porque outros che digan que o tes que facer.
A que idade deberías bautizarte? A idade non é o máis importante. Aínda así deberías ter idade e madurez dabondo como para entender o que significa dedicarte a Xehová.
Que pasa se ti queres bautizarte pero os teus pais pensan que deberías agardar un tempo? Quizais pensen que necesitas máis experiencia na túa vida como cristián. Agradece os seus consellos e aproveita ese tempo para estreitar a túa amizade con Xehová (1 Samuel 2:26).
[Recadro]
Actividades
Estás pensando en bautizarte?
Usa as seguintes preguntas para analizar o teu progreso. Antes de responder cada pregunta le o texto indicado.
De que xeitos estás a demostrar na actualidade que confías en Xehová? (Salmo 71:5) ․․․․․
Como demostraches que tes “o sentido xa afeito” e es capaz de distinguir o bo do malo? (Hebreos 5:14) ․․․․․
Con canta frecuencia oras? ․․․․․
Son específicas as túas oracións? Que revelan sobre o teu amor por Xehová? (Salmo 17:6) ․․․․․
Apunta calquera cousa relacionada coas túas oracións que che gustaría mellorar. ․․․․․
Con que frecuencia estudas a Biblia pola túa conta? (Xosué 1:8) ․․․․․
Que información analizas no teu estudo persoal? ․․․․․
Apunta calquera cousa relacionada co teu estudo persoal que che gustaría mellorar. ․․․․․
É de boa calidade a túa predicación? (Por exemplo: Poderías explicarlles os ensinos básicos da Biblia a outros? Volves visitar as persoas que teñen interese na Biblia? Estaste esforzando por empezar un curso da Biblia?)
❏ Si ❏ Non
Participas na predicación incluso cando os teus pais non o fan? (Feitos 5:42)
❏ Si ❏ Non
Apunta calquera cousa relacionada coa predicación que che gustaría mellorar (2 Timoteo 2:15, TNM). ․․․․․
Dirías que asistes regularmente ás reunións ou só de vez en cando? (Hebreos 10:25) ․․․․․
De que maneiras participas nas reunións? ․․․․․
Se os teus pais che dan permiso, vas ás reunións incluso cando eles non poden?
❏ Si ❏ Non
Dirías que desfrutas de facer o que lle agrada a Xehová? (Salmo 40:9 [40:8, TNM])
❏ Si ❏ Non
Lembras momentos concretos nos que resistiches a presión dos teus compañeiros? (Romanos 12:2) ․․․․․
Que tes pensado facer para manter forte o teu amor por Xehová? (Xudas 20, 21) ․․․․․
Seguirías servindo a Xehová incluso se os teus pais e os teus amigos deixasen de facelo? (Mateo 10:36, 37)
❏ Si ❏ Non
[Imaxe]
A decisión de bautizarte é coma a de casar, non debes tomala á lixeira.