Canción 41
Lembra a Xehová nos anos mozos
(Eclesiastés 12:1)
1. Vós, os máis novos do pobo de Deus,
sodes preciosos ante os ollos Seus.
Para amosar o que sente por vós,
dávos familia e amigos dos bos.
2. Ama e respecta a quen vida che deu,
que, con amor, sempre te protexeu.
Honra a Xehová e ás persoas tamén
para que a vida che vaia moi ben.
3. Lémbrate agora de amar a Xehová,
que sempre guíe o teu camiñar!
Ó noso Deus sirve con devoción,
lévao moi dentro do teu corazón!
(Ver tamén Sal. 71:17; Lam. 3:27; Ef. 6:1-3.)