LECCIÓN 5
Que atoparás nas nosas reunións?
Arxentina
Serra Leoa
Bélxica
Malaisia
Moita xente ten deixado de ir ás igrexas porque non lles serve nin para atopar respostas nin para ser máis felices. Entón, por que deberías vir ás reunións das testemuñas de Xehová? Que atoparás nelas?
Xente cariñosa que se preocupa polos demais. Os cristiáns do primeiro século estaban organizados en congregacións, e facían reunións para adorar a Deus, estudar as Escrituras, e animarse uns ós outros (Hebreos 10:24, 25). A Biblia di que se sentían entre amigos de verdade porque se mostraban amor sincero uns ós outros, como é propio de irmáns cristiáns (2a Tesalonicenses 1:3; 3a Xoán 14). Como seguimos o mesmo modelo, nós tamén desfrutamos de estar rodeados de persoas que nos queren de verdade.
Axuda para aplicar os principios da Biblia. Igual que se facía nos tempos bíblicos, nas nosas reunións xuntámonos homes, mulleres e nenos. Irmáns ben preparados utilizan a Biblia para axudarnos a ver como aplicar no día a día os consellos que contén (Deuteronomio 31:12; Nehemías 8:8). Todos podemos expresar a nosa fe participando nas seccións con preguntas para os asistentes, e cantando xuntos (Hebreos 13:15).
A oportunidade de facer máis forte a túa fe. O apóstolo Paulo díxolle a unha das congregacións do seu tempo: “Teño moita gana de vos ver, [...] para nos animar mutuamente coa fe duns e doutros: a vosa e maila miña” (Romanos 1:11, 12). Xuntarnos regularmente cos nosos compañeiros de crenza nas reunións fortalece a nosa fe e a nosa determinación de vivir de acordo cos principios cristiáns.
Por que non te animas a vir á próxima reunión e comprobas todo isto por ti mesmo? Para nós será un pracer recibirte. Ademais, nin cobramos entrada nin pedimos cartos.
Que modelo seguen as nosas reunións?
Como nos beneficia asistir ás reunións?