BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • jl lección 10
  • Que é a Adoración en Familia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que é a Adoración en Familia?
  • Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Información relacionada
  • Como podes ter unha familia feliz? (Parte 2)
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Adorade a Xehová en familia
    A túa familia pode ser feliz
  • Que pasou co respecto na familia?
    Despertade! (2024)
  • Máis axuda para as familias
    Despertade! (2018)
Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
jl lección 10

LECCIÓN 10

Que é a Adoración en Familia?

A family enjoying family worship

Corea do Sur

A couple studying the Bible together

Brasil

One of Jehovah’s Witnesses studying the Bible

Australia

Unha familia comentando xuntos un tema bíblico

Guinea

Xehová sempre quixo que os membros da familia pasasen tempo xuntos para estreitar a súa relación con el e mailos lazos familiares (Deuteronomio 6:6, 7). É por iso que as testemuñas de Xehová fan tódalas semanas a Adoración en Familia. Chamámoslle así ó momento no que a familia analiza xunta nun ambiente relaxado algún tema da Palabra de Deus axeitado ás súas necesidades. Se vives só, tamén podes dedicar ese tempo a estreitar a túa relación con Deus estudando algún tema bíblico.

É un momento para achegarnos a Xehová. “Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8). Imos coñecendo mellor a Xehová a medida que lemos na súa Palabra detalles da súa personalidade e das súas obras. Unha maneira sinxela de comezar a facer a túa Adoración en Familia é dedicar algún tempo a ler a Biblia xuntos, por exemplo seguindo o programa semanal da Reunión Vida e Actividades. Podedes repartir a lectura entre tódolos da casa, e ó rematar comentar xuntos o que aprendestes da pasaxe.

É un momento para achegarnos á nosa familia. Estudar a Biblia en familia estreita os lazos entre os seus membros, tanto entre maridos e mulleres coma entre pais e fillos. Debería ser unha ocasión tranquila, alegre, que todos estean esperando que chegue. En función das idades dos fillos, os pais poden escoller os temas máis útiles, quizais sacados da revista La Atalaya, doutras publicacións, ou da nosa páxina web jw.org. Tamén se pode falar cos rapaces dalgún problema que teñan na escola e de como facerlle fronte, ou practicar os cánticos das reunións. Por que non vedes xuntos algún programa da nosa canle de televisión JW Broadcasting (tv.jw.org) e despois comentádelo? Ó rematar, mesmo podedes facer unha merenda.

Dedicar un tempo tódalas semanas a adorar xuntos a Xehová axudaranos a tódolos da familia a desfrutar de aprender da Palabra de Deus, e el bendicirá abundantemente o noso esforzo (Salmo 1:1-3).

  • Por que facemos tódalas semanas a Adoración en Familia?

  • Como poden os pais facer que todos na familia desfruten desta ocasión?

SEGUE APRENDENDO

Pregúntalle a algúns da congregación como fan a súa Adoración en Familia. Mira tamén que publicacións están dispoñibles no local de reunións que che poidan servir para aprenderlles ós teus fillos acerca de Xehová.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir