BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • jl lección 13
  • Que é un pioneiro?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que é un pioneiro?
  • Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
jl lección 13

LECCIÓN 13

Que é un pioneiro?

Unha pioneira predicando

Canadá

Pioneiras predicando

Predicando polas casas

Pioneiras facendo un curso da Biblia

Facendo un curso da Biblia

Unha pioneira estudando a Biblia

Estudando a Biblia

O termo pioneiro refírese normalmente ós que exploran novas terras ou abren camiño para que outros os sigan. En certo sentido, Xesús foi un pioneiro porque veu á Terra a servir ós demais e abrir o camiño da salvación (Mateo 20:28). Hoxe en día os seus seguidores imitámolo dedicando todo o tempo que podemos a facer discípulos (Mateo 28:19, 20). E mesmo algúns fan por ser o que chamamos pioneiros.

A súa vida xira en torno á predicación. Tódalas testemuñas de Xehová predicamos as boas novas. Agora ben, algúns organizan a súa vida para ser pioneiros, dedicando setenta horas cada mes a predicar. Por iso, moitos deles escollen traballos a xornada parcial. Outros son seleccionados para ser pioneiros especiais en lugares onde se necesitan máis predicadores. Estes dedican un mínimo de cento trinta horas ó mes á predicación. Tódolos pioneiros confórmanse con levar unha vida sinxela, confiando en que Xehová lles dará o que necesitan para vivir (Mateo 6:31-33; 1a Timoteo 6:6-8). Os que non poidan predicar tanto, teñen a opción de ser pioneiros temporais, que dedican trinta ou cincuenta horas á predicación un mes.

A súa motivación é o amor a Deus e ás persoas. Igual ca Xesús, decatámonos do necesitada que está a xente de coñecer a Deus e o seu propósito (Marcos 6:34). Pero ademais temos o coñecemento que os podería axudar xa dende agora, dándolles verdadeira esperanza. O amor ó próximo impulsa ós pioneiros a compartir con xenerosidade o seu tempo e as súas enerxías para axudar ós demais a achegarse a Deus (Mateo 22:39; 1a Tesalonicenses 2:8). Como consecuencia, a súa fe fortalécese, síntense máis preto de Deus, e son moi felices (Feitos 20:35).

  • Que dirías que é un pioneiro?

  • Cal é a motivación dos que se fan pioneiros?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir