BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • jl lección 20
  • Como traballa hoxe en día o Consello Reitor?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como traballa hoxe en día o Consello Reitor?
  • Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Información relacionada
  • O papel do “criado fiel e prudente”
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • “Decidimos de maneira unánime”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • Que é o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Unha decisión unánime baseada na Palabra de Deus
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
jl lección 20

LECCIÓN 20

Como traballa hoxe en día o Consello Reitor?

O consello reitor do primeiro século

O consello reitor do primeiro século

Cristiáns do primeiro século lendo unha carta do consello reitor

Lectura dunha carta do consello reitor

No primeiro século, un grupo pequeno, formado polos apóstolos e anciáns de Xerusalén, serviu como consello reitor tomando decisións importantes no nome da congregación, formada por cristiáns unxidos co espírito santo de Deus (Feitos 15:2). Para alcanzar acordos unánimes, analizaban xuntos o que dicían as Escrituras, e deixábanse guiar polo espírito de Deus (Feitos 15:25). Este é o modelo que seguimos hoxe.

Deus utilízao para cumprir o Seu propósito. Os irmáns unxidos que serven no Consello Reitor teñen un profundo interese na Palabra de Deus e moita experiencia tratando asuntos tanto de tipo organizativo coma de natureza relixiosa. Reúnense tódalas semanas para analizar as necesidades da irmandade mundial. Coma no primeiro século, as súas instrucións baséanse na Biblia e envíanse por carta, ou mediante os responsables de circuíto e outros irmáns. Deste xeito, o pobo de Deus mantén a unidade na súa forma de pensar e actuar (Feitos 16:4, 5). O Consello Reitor tamén dirixe a preparación do alimento espiritual, anima a todos a dar prioridade á predicación, e supervisa os nomeamentos de irmáns que poden asumir máis responsabilidades.

Está presto a seguir a guía do espírito de Deus. O Consello Reitor busca a dirección do Soberano do Universo, Xehová, e mais a do Cabeza da congregación, Xesús (1a Corintios 11:3; Efesios 5:23). Os seus membros non se ven a si mesmos como os xefes das testemuñas de Xehová, senón que, coma o resto de cristiáns unxidos, só buscan seguir os pasos de Xesús (Apocalipse 14:4). O Consello Reitor agradece moito que todos nós oremos por eles e polo seu traballo.

  • Quen compoñía o consello reitor no primeiro século?

  • Como busca o actual Consello Reitor a dirección de Deus?

SEGUE APRENDENDO

Le Feitos 15:1-35, e mira de que xeito o consello reitor do primeiro século analizou e resolveu un problema coa axuda das Escrituras e do espírito santo.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir