BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • jl lección 24
  • Como se financia a nosa obra mundial?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como se financia a nosa obra mundial?
  • Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Información relacionada
  • Como financian a súa obra as Testemuñas de Xehová?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Unha ofrenda a Xehová
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Dámoslle grazas a Xehová polo amor que demostras
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Que uso lles dan as Testemuñas de Xehová ás doazóns?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
Ver máis
Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
jl lección 24

LECCIÓN 24

Como se financia a nosa obra mundial?

Unha persoa facendo un donativo
Jehovah’s Witnesses in the preaching work

Nepal

Kingdom Hall construction volunteers in Togo

Togo

Voluntarios traballando na sucursal do Reino Unido

Reino Unido

Tódolos anos, a nosa organización edita e distribúe de balde centos de millóns de Biblias e outras publicacións. Construímos e ocupámonos do mantemento das nosas sucursais e locais de reunión. Cubrimos os gastos de miles de misioneiros e voluntarios que traballan en Betel, e organizamos labores de socorro en zonas afectadas por desastres. Así que poida que te preguntes: “E logo, de onde sairán os cartos para todo iso?”.

Nin cobramos polos servizos relixiosos, nin facemos colectas. Aínda que a nosa predicación implica moitos gastos, non andamos a pedir cartos. Hai máis dun século, o segundo número da revista La Atalaya declaraba a nosa convicción de que é Xehová quen nos apoia e, polo tanto, “nin pediremos esmola, nin solicitaremos a axuda de ninguén”. E nunca fixemos tal (Mateo 10:8).

As nosas actividades custéanse con donativos voluntarios. Moita xente agradece a nosa labor de ensino da Biblia, e por iso fai donativos para apoiala. Nós mesmos damos de boa gana do noso tempo, enerxías, cartos e outros recursos para que se faga a vontade de Deus en toda a Terra (1o Crónicas 29:9). Nos locais onde facemos as nosas reunións e congresos hai caixas para donativos; así, quen o desexe, pode contribuír, e tamén se poden facer entrando na nosa páxina web, jw.org. Case todos estes donativos proveñen de xente humilde, como a viúva pobre da que Xesús falou tan ben por botar unha miseria no peto que había no templo (Lucas 21:1-4). Do mesmo xeito, cadaquén pode ir “xuntando na súa casa” para dar “segundo o que teña decidido no corazón” (1a Corintios 16:2; 2a Corintios 9:7).

Estamos convencidos de que Xehová vai seguir movendo os corazóns dos que queren apoiar a obra do Reino cos seus recursos materiais, para que se cumpra a Súa vontade (Proverbios 3:9).

  • En que nos diferenciamos doutras relixións?

  • Para que utilizamos os donativos que recibimos?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir