BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • fg lección 3 ps. 1-4
  • De verdade as boas noticias da Biblia proceden de Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • De verdade as boas noticias da Biblia proceden de Deus?
  • Deus ten boas noticias!
  • Información relacionada
  • A Biblia é a mensaxe de Deus para nós
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • A Biblia, un libro que vén de Deus
    Que nos ensina a Biblia?
  • Que é a Biblia?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Que nos permite ver a Biblia sobre o seu Autor?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Ver máis
Deus ten boas noticias!
fg lección 3 ps. 1-4

LECCIÓN 3

De verdade as boas noticias da Biblia proceden de Deus?

1. Quen é o autor da Biblia?

Varias copias da Biblia e de escritos bíblicos antigos

Na Biblia atopamos a boa noticia de que a xente vivirá para sempre na terra (Salmo 37:29). A Biblia está composta por 66 libros escritos por uns corenta homes guiados por Deus. Hai uns 3500 anos Moisés escribiu os primeiros cinco libros, e hai uns 1900 o apóstolo Xoán escribiu o último. De quen son as ideas que rexistraron os escritores da Biblia? Deus comunicábase con eles usando o seu espírito santo (2o Samuel 23:2). Así que non escribiron os seus pensamentos, senón os de Deus. Por iso podemos dicir que Xehová é o autor da Biblia. Le 2a Timoteo 3:16; 2a Pedro 1:20, 21.

Ver o vídeo Quen é o autor da Biblia?

2. Como podemos saber se a Biblia di a verdade?

Sabemos que a Biblia procede de Deus porque predí o futuro con total exactitude, cousa que ningún home podería facer (Xosué 23:14). Soamente o Deus Todopoderoso pode prever o futuro da humanidade. Le Isaías 42:9; 46:10.

Tal e como esperariamos dun libro que procede de Deus, a Biblia é única. Lévanse distribuído miles de millóns de exemplares en centos de linguas. Sendo un libro tan antigo, a Biblia é exacta cando fala de ciencia. Escribírona uns corenta homes e non se contradín.a Aínda máis, o amor divino que emana das súas páxinas ten o poder de mellorar a vida da xente. Estes feitos convencen a millóns de persoas de que a Biblia é a Palabra de Deus. Le 1a Tesalonicenses 2:13.

Ver o vídeo Podemos confiar no que di a Biblia?

3. De que trata a Biblia?

Representación do Paraíso orixinal, o Paraíso perdido, o Diluvio dos tempos de Noé, Moisés coas táboas dos Dez Mandamentos, e Xesús ensinando.

O tema principal da Biblia é o marabilloso propósito que Deus ten para a humanidade. Non é unha boa noticia? As Escrituras explican como ó principio da historia humana o home perdeu o privilexio de vivir no paraíso na terra, e como este será restaurado. Le Apocalipse 21:4, 5.

A Palabra de Deus tamén contén leis, principios e consellos. Ademais, nela atopamos exemplos da relación de Deus cos homes que nos permiten saber como pensa e actúa. Deste xeito, a Biblia axúdanos a coñecelo. Incluso nos explica como podemos chegar a ser os seus amigos. Le Salmo 19:8, 12 (19:7, 11, NM); Santiago 2:23; 4:8.

4. Como podes entender o que di a Biblia?

Para axudarche a entender a Biblia, este folleto emprega o mesmo método que utilizou Xesús. El citaba pasaxes da Biblia e despois explicaba o seu significado. Le Lucas 24:27, 45.

Hai poucas cousas tan interesantes como as boas noticias de Deus. Aínda así, a algúns sonlles indiferentes e mesmo hai a quen lle molestan. Non deixes que isto te desanime; a túa esperanza de vivir para sempre depende de que chegues a coñecer a Deus. Le Xoán 17:3.

Para máis información, ver o capítulo 2 do libro Que ensina realmente a Biblia?

a Ver o folleto Un libro para todo el mundo (dispoñible en español).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir