LECCIÓN 8
Por que permite Deus a maldade e o sufrimento?
1. Cal é a orixe da maldade?
Deus xa permitiu que os humanos gobernasen tempo abondo para deixar claro que non poden resolver os problemas da humanidade
A maldade na Terra comezou cando Satán dixo a primeira mentira. Ó principio este anxo era perfecto, pero “non afincou na verdade” (Xoán 8:44); deixou crecer o desexo de recibir a adoración que pertence só a Deus. Satán mentiulle á primeira muller, Eva, e convenceuna para que o obedecese a el, e non a Deus. Adam uniuse a Eva na súa desobediencia, o que resultou en sufrimento e morte para a humanidade. Le Xénese 3:1-6, 19.
Ó dicirlle a Eva que desobedecese a Deus, Satán comezou unha rebelión contra a soberanía, ou dereito a gobernar, de Xehová. E a maioría da humanidade rexeitou a Deus como gobernante. Por iso, a Biblia di que Satán é o “príncipe deste mundo”, ou quen o goberna. Le Xoán 14:30; 1a Xoán 5:19.
2. Tiña defectos a creación de Deus?
As obras de Deus son perfectas. Os humanos e os anxos que El creou podían obedecelo á perfección (Deuteronomio 32:4, 5). Deus fíxonos coa liberdade de elixir facer o ben ou o mal, e así poderemos obedecelo por amor. Le Santiago 1:13-15; 1a Xoán 5:3.
3. Por que permite Deus o sufrimento?
De momento, Xehová permite a rebelión contra a súa soberanía. Por que? Para demostrar que ningún goberno logrará beneficios permanentes para a humanidade (Eclesiastés 7:29; 8:9). Seis mil anos de historia proban o fracaso do home no seu intento de eliminar as guerras, o delito, as inxustizas ou as enfermidades. Le Xeremías 10:23; Éxodo 9:16.
Pero o goberno de Deus beneficiará a todos aqueles que o acepten (Isaías 48:17, 18). Xehová pronto acabará con tódolos gobernos humanos. Só quen apoie a Deus como gobernante vivirá na terra (Isaías 11:9). Le Daniel 2:44.
Ver o vídeo Por que permite Deus o sufrimento?
4. Que oportunidade temos grazas á paciencia de Deus?
Satán afirmou que os humanos obedecen a Xehová só pola súa comenencia. Gustaríache demostrar que é mentira? Grazas á paciencia de Deus podemos escoller ser gobernados por Deus ou polo home. O noso modo de vida indica cal é a nosa elección. Le Xob 1:8-12; Proverbios 27:11.
5. Como apoiamos o goberno de Deus?
As nosas decisións demostran se apoiamos o goberno de Deus
Escollemos a Xehová como gobernante investigando na Biblia como agradarlle e practicando o que aprendemos (Xoán 4:23). Rexeitamos a Satán como gobernante ó non participar nin en política nin en guerras, como tampouco fixo Xesús. Le Xoán 17:14.
Satán usa a súa influencia para promover prácticas inmorais e daniñas. Ó non participar nestas prácticas, quizais algúns amigos ou familiares se burlen, ou se poñan na nosa contra (1a Pedro 4:3, 4). Por tanto, afrontamos unha decisión: buscaremos a compañía de persoas que aman a Deus? Obedeceremos as leis divinas? Se así o facemos, demostraremos que Satán mentiu cando afirmou que baixo presión ninguén obedece a Xehová. Le 1a Corintios 6:9, 10; 15:33.
O amor de Deus por nós é garantía de que a maldade e o sufrimento rematarán. Quen apoie a soberanía de Deus vivirá para sempre na terra. Le Xoán 3:16.