BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • T-34 páxs. 1-4
  • Acabará algún día o sufrimento?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Acabará algún día o sufrimento?
  • Acabará algún día o sufrimento?
  • Información relacionada
  • Que pensas do futuro?
    Que pensas do futuro?
  • Volverá vivir quen morreu?
    Volverá a vivir quen morreu?
  • Que é o Reino de Deus?
    Que é o Reino de Deus?
  • Quen controla o mundo?
    Quen controla o mundo?
Ver máis
Acabará algún día o sufrimento?
T-34 páxs. 1-4

Acabará algún día o sufrimento?

Pensas que . . .

  • si?

  • non?

  • pode ser?

O QUE DI A BIBLIA

“Deus (. . .) enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito, nin pranto nin dor.” (Apocalipse 21:3, 4, A Biblia, SEPT)

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI

A seguridade de que Deus non causa os nosos problemas (Santiago 1:13)

A tranquilidade de saber que Deus comprende como nos sentimos cando o pasamos mal (Zacarías 2:12 [2:8, Traducción del Nuevo Mundo])

A confianza de que todo sufrimento rematará (Salmo 37:9-11)

Un home lendo a Biblia imaxina o fin do sufrimento e a inxustiza no mundo

PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, dúas das razóns son:

  • Deus odia a inxustiza e o sufrimento. Sabes como se sentía Deus cando o seu pobo era tratado con crueldade? A Biblia explica canto sufría El “polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados” (Xuíces 2:18).

    Deus rexeita aqueles que fan dano a outros. Por exemplo, a Biblia di que aborrece “as mans que esparexen sangue inocente” (Proverbios 6:16, 17).

  • Deus coida de cada un de nós. Todos sabemos ben dos nosos problemas, e Xehová tamén coñece a dor do noso corazón (2 Crónicas 6:29, 30).

    Moi pronto, o Reino de Deus acabará coas nosas penas (Mateo 6:9, 10). E mentres tanto, “anímanos en tódalas mágoas” se nos achegamos a El (Feitos 17:27; 2 Corintios 1:3, 4).

PENSA NISTO

Dúas mulleres estudando a Biblia

Por que permite Deus que suframos?

Atoparás a resposta en ROMANOS 5:12 e 2 PEDRO 3:9.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir