BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 1 páxs. 4-5
  • Un segredo que che gustará descubrir

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Un segredo que che gustará descubrir
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • Índice
    Despertade! (2018)
  • Que propósito ten Deus para a Terra?
    Deus ten boas noticias!
  • Como era a vida no Paraíso?
    Escoita a Deus e vivirás para sempre
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 1 páxs. 4-5
Uns anxos escoitando como Xesús fala do Reino de Deus coa xente

LECCIÓN 1

Un segredo que che gustará descubrir

Contáronche algunha vez un segredo?—a A Biblia fala dun segredo especial de parte de Deus. Chámaselle segredo porque a xente non o coñecía. Mesmo os anxos querían saber máis del. Gustaríache saber que segredo é?—

Que pensas que intentan descubrir os anxos?

Hai moito, moito tempo, Deus creou o primeiro home e a primeira muller. Chamábanse Adam e Eva. Deus deulles un fogar moi bonito, o xardín de Edén. Se Adam e Eva obedecían a Deus, eles e mailos seus fillos poderían facer da Terra un paraíso coma aquel xardín. E poderían vivir no Paraíso para sempre. Pero, acórdaste do que fixeron?—

Adam e Eva desobedeceron a Deus, e por iso agora non vivimos nun paraíso. Pero Deus dixo que ía poñer a Terra ben bonita, e que iamos ser felices e vivir para sempre. Como o faría? Durante moito tempo ninguén o soubo. Era un segredo.

Cando Xesús veu á Terra, ensinou máis cousas sobre este segredo. Dixo que se trataba do Reino de Deus. Xesús mandou orar para que este Reino viñese. O Reino vai facer da Terra un paraíso.

Gustouche descubrir este segredo?— Recorda que só os que obedezan a Xehová van vivir no Paraíso. Na Biblia hai un montón de historias sobre homes e mulleres que obedeceron a Xehová. Queres que aprendamos máis deles?— Imos ver quen foron algúns e como podemos seguir o seu exemplo.

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Marcos 4:11

  • 1a Pedro 1:12

  • Xénese 1:26-28; 2:8, 9; 3:6, 23

  • Mateo 6:9, 10

  • Salmo 37:11, 29

a Ó longo dos relatos, atoparás un símbolo coma este (—) despois dalgunhas das preguntas. Indican que é un bo momento para deterse e deixar responder ó teu fillo.

PREGUNTAS:

  • Por que non vivimos agora nun paraíso?

  • De que segredo especial fala a Biblia?

  • Que ensinou Xesús sobre este segredo?

  • Que tes que facer para vivir no Paraíso?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir