BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 6 páxs. 14-15
  • David non tivo medo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • David non tivo medo
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • David e Goliat
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Acudamos a Xehová para obter coraxe
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 6 páxs. 14-15

LECCIÓN 6

David non tivo medo

Que fas cando tes medo?— Poida que vaias onda túa nai ou teu pai para que te axuden. Pero hai alguén máis que tamén te pode axudar. Non hai ninguén máis poderoso ca el. Sabes quen é?— Si, é Xehová. Imos falar dun rapaz que aparece na Biblia e que se chamaba David. El sabía que Xehová sempre o axudaría, así que nunca tivo medo.

Dende que era pequeniño, os pais de David ensináronlle a amar a Xehová. Por iso David nunca se asustaba, mesmo cando lle pasaban cousas que daban moito medo. Sabía que Xehová era o seu amigo e que o axudaría. Unha vez, cando David estaba a coidar dunhas ovellas, un león moi grande foi e marchou cunha ovella na boca! Sabes o que fixo David? Botou a correr tras do león e disque o matou coas súas propias mans! E cando un oso atacou as ovellas, David tamén o matou! Quen pensas que axudou a David?— Si, foi Xehová.

Houbo outra ocasión na que David foi especialmente valente. Os israelitas estaban a pelexar contra o pobo dos filisteos. Un dos soldados filisteos era un home moi, moi alto, coma un xigante! Chamábase Goliat. Este xigante estábase a burlar dos soldados israelitas e tamén de Xehová. Goliat desafiou os soldados israelitas a que saísen e loitasen contra el. Pero ningún se atrevía porque lle tiñan moito medo. Cando David soubo o que estaba a pasar, foi e díxolle a Goliat: “Eu pelexarei contra ti! Xehová vaime axudar, e voute vencer!”. Cres que David foi valente?— Si, foi moi valente. Queres saber o que pasou despois?

David colleu a súa fonda e cinco pelouros, que son pedras moi lisas. Unha fonda é unha tira de coiro que serve para lanzar pedras. Entón saíu a pelexar co xigante. Cando Goliat viu que David era só un rapaz, comezou a rirse del. Pero David díxolle: “Ti ves cara a min cunha espada, pero eu vou a ti co nome de Xehová”. Entón, puxo un dos pelouros na fonda, correu cara a Goliat e guindoullo. Acertoulle xusto no medio dos ollos e o xigante caeu morto no chan! Os filisteos colleron tanto medo que saíron todos correndo. Como foi posible que David matase un xigante, se só era un rapaz?— Porque Xehová lle axudou, e Xehová era moito máis poderoso que aquel xigante!

David mata a Goliat

David non tivo medo porque sabía que Xehová o axudaría

Que podes aprender da historia de David?— Que non hai ninguén máis poderoso que Xehová. El é o teu Amigo. Así que, cando volvas ter medo, lembra que Xehová pode axudarche a ser valente!

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Salmo 56:4, 5 (56:3, 4, NM)

  • 1o Samuel 17:20-54

PREGUNTAS:

  • Que fixo David cando un león e un oso atacaron as súas ovellas?

  • Cando Goliat se burlou de Xehová, que lle dixo David?

  • Como venceu David a Goliat?

  • Por que David non tivo medo do león, do oso e do xigante?

  • Que podes aprender da historia de David?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir