Canción 141
Busquemos a quen Xehová busca
“Ide, falade”, díxonos Xesús.
O ardente sol non lle impediu
falar as verbas de Xehová.
Rúas, aldeas, vilas, predicou,
buscando os bos
dende cedo ata o solpor.
As boas novas nós tamén
levamos onde haxa alguén.
Daremos cos que sexan
xentes de paz!
(REFRÁN)
Non deixarei
de ir buscar a quen te busca.
Non deixarei
de ir falar a quen ti buscas.
Portas petar
sen nos cansar!
Veña, non hai máis tempo que perder!
Ben paga a pena predicar
se mesmo só escoita un.
Sempre volvemos, móvenos o amor.
Os corazóns dos tristeiros
imos alegrar:
“Aquí estamos para ti,
tamén ti podes ser feliz”.
Os que din “Si!” fan que queiramos seguir.
(REFRÁN)
Non deixarei
de ir buscar a quen te busca.
Non deixarei
de ir falar a quen ti buscas.
Portas petar
sen nos cansar!
(Ver tamén Is. 52:7; Mt. 28:19, 20; Lc. 8:1; Rm. 10:10.)