Canción 151
A revelación dos fillos de Deus
Edición impresa
Axiña, Deus revelará
os que son fillos seus.
Unxidos para gobernar
nos ceos con Xesús.
(REFRÁN)
Vén pronto a revelación
dos fillos de Xehová.
Con Cristo, saen a vencer,
o premio van herdar.
Os fieis que quedan van ouvir
a voz do seu Señor.
O Rei de reis ha de reunir
os fillos de Xehová.
(REFRÁN)
Vén pronto a revelación
dos fillos de Xehová.
Con Cristo, saen a vencer,
o premio van herdar.
(TRANSICIÓN)
Entón, co Rei ó seu carón,
o guerrear final.
E gozará a creación
da voda celestial.
(REFRÁN)
Vén pronto a revelación
dos fillos de Xehová.
Con Cristo, saen a vencer,
o premio van herdar.
(Ver tamén Dn. 2:34, 35; 1 Cor. 15:51, 52; 1 Tes. 4:15-17.)