Canción 153
Como te fai sentir?
Como te fai sentir
predicar e ensinar,
esforzarte por lograr
os corazóns tocar?
Se damos o mellor,
Deus bendice o labor,
pois coñece ben a quen
está á busca d’El.
(REFRÁN)
Eu son feliz, por iso vai
o meu cantar ó noso Pai.
E seguirei ó seu carón,
dareille o mellor.
Como te fai sentir
ir falar con ilusión
a quen ten bo corazón
e busca salvación?
Hai quen non vai querer,
quen prefire non saber.
Nós seguimos a falar
das novas sen cansar.
(REFRÁN)
Eu son feliz, por iso vai
o meu cantar ó noso Pai.
E seguirei ó seu carón,
dareille o mellor.
Como te fai sentir
que Xehová está aí,
e confía en que ti
a obra fas feliz?
Sen medo ó falar,
pero cun pouquiño sal.
Seguiremos, por amor,
na obra do Señor.
(REFRÁN)
Eu son feliz, por iso vai
o meu cantar ó noso Pai.
E seguirei ó seu carón,
dareille o mellor.
(Ver tamén Feit. 13:48; 1 Tes. 2:4; 1 Tim. 1:11.)