BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 3 páx. 14-páx. 15 par. 3
  • Adam e Eva desobedecen a Deus

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Adam e Eva desobedecen a Deus
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Como era a vida no Paraíso?
    Escoita a Deus e vivirás para sempre
  • Que pasa cando morremos?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Deus crea o primeiro home e a primeira muller
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 3 páx. 14-páx. 15 par. 3
Adam e Eva saíndo do xardín de Edén

CAPÍTULO 3

Adam e Eva desobedecen a Deus

Adam coa froita que lle deu Eva na man

Un día Eva estaba soa e unha serpe púxose a falar con ela. Díxolle: “É certo que Deus non vos deixa comer das árbores do xardín?”. Eva contestou: “Podemos comer de tódalas árbores menos dunha. Se comemos daquela árbore, morreremos”. Entón a serpe díxolle: “Non morreredes. De feito, se comedes dela seredes coma Deus”. Sería iso verdade? Non, era unha mentira; pero Eva creuna. Canto máis miraba para aquela froita, máis gana tiña de comela. Así que comeu dela e deulle unha pouca a Adam. El sabía que se desobedecían a Deus morrerían, pero comeu igual.

Uns anxos e unha espada de lume impedindo o paso ó xardín de Edén, mentres Adam e Eva saen del

Ese mesmo día, Xehová falou con Adam e Eva. Preguntoulles por que desobedeceran. Eva botoulle a culpa á serpe, e Adam botoulle a culpa a Eva. Como Adam e Eva desobedeceran, Xehová botounos fóra do xardín de Edén. E para que non volvesen alí nunca máis, puxo na entrada uns anxos e unha espada de lume dando voltas.

Xehová dixo que tamén ía castigar a quen lle contara a mentira a Eva. En realidade, a serpe non foi quen falara. Xehová non fixo serpes que puidesen falar. Foi un anxo malo quen usou a serpe para enganar a Eva. Este anxo chámase Satán, o Demo. No futuro, Xehová vai destruír a Satán. Así xa non enganará a ninguén para que faga cousas malas.

Satán “foi asasino desde o comezo e non afincou na verdade, que nel non hai verdade” (Xoán 8:44)

Preguntas. Por que comeu Eva da froita? Que lles pasou a Adam e Eva por desobedecer a Xehová? Quen é Satán?

Xénese 3:1-24; Xoán 8:44; 1 Xoán 3:8; Apocalipse 12:9

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir