BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 10 páx. 30
  • Lémbrate da muller de Lot

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Lémbrate da muller de Lot
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Acuérdense de la esposa de Lot
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 10 páx. 30
A muller de Lot transformándose nunha estatua de sal mentres Lot e as súas fillas escapan de Sodoma

CAPÍTULO 10

Lémbrate da muller de Lot

Lot vivía co seu tío Abraham na terra de Canaán. Co tempo, Abraham e Lot chegaron a ter tantos animais que non había terra dabondo para todos. Entón, Abraham díxolle a Lot: “Xa non podemos seguir vivindo aquí todos xuntos. Escolle en que parte che gustaría vivir, e eu irei para outro lado”. Verdade que Abraham demostrou que non era unha persoa egoísta?

A Lot gustoulle moito unha zona onde había moita auga e herba verde, preto dunha cidade chamada Sodoma. Así que decidiu ir vivir alí coa súa familia.

As persoas que vivían en Sodoma e na cidade veciña, Gomorra, eran moi malas. Eran tan malas que Xehová decidiu destruír as dúas cidades. Pero como quería salvar a Lot e a súa familia, mandou dous anxos para avisalos: “Axiña! Marchade desta cidade! Xehová vaina destruír!”.

Lot non se foi decontado. Como non daba marchado, os anxos agarráronos da man a el, a súa muller e as dúas fillas, e sacáronos fóra da cidade, dicíndolles: “Correde! Escapade para salvar a vida e non miredes atrás. Se mirades atrás, morreredes!”.

Unha chuvia de xofre e lume sobre a Sodoma e Gomorra

Cando chegaron a unha cidade chamada Soar, Xehová fixo chover xofre e lume sobre Sodoma e Gomorra. As dúas cidades quedaron completamente destruídas. A muller de Lot desobedeceu a Xehová e mirou cara atrás. Entón, transformouse nunha estatua de sal! Pero Lot e mailas súas fillas salváronse porque obedeceron a Xehová. Seguro que se puxeron tristes porque a muller de Lot desobedecera, pero ó mesmo tempo estaban contentos por facer o que Xehová lles mandara.

“Que vos acorde o caso da muller de Lot” (Lucas 17:32)

Preguntas. Por que destruíu Xehová as cidades de Sodoma e Gomorra? Por que se converteu a muller de Lot nunha estatua de sal?

Xénese 13:1-13; 19:1-26; Lucas 17:28, 29, 32; 2 Pedro 2:6-9

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir