BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 18 páx. 48-páx. 49 par. 4
  • Unha silveira ardendo!

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Unha silveira ardendo!
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 18 páx. 48-páx. 49 par. 4
Moisés xunto da silveira ardente

CAPÍTULO 18

Unha silveira ardendo!

Moisés viviu en Madián durante corenta anos. Alí casou e tivo fillos. Certo día, mentres estaba coidando das súas ovellas preto do monte Sinaí, viu algo abraiante: unha silveira ardendo que non se queimaba! Cando Moisés foi ver como era aquilo, unha voz que viña da silveira díxolle: “Moisés! Non te achegues máis. Quita as sandalias, pois o sitio onde estás é terra sagrada”. Era Xehová quen lle estaba a falar por medio dun anxo.

Do medo que tiña, Moisés tapou a cara. Entón a voz díxolle: “Teño visto todo o sufrimento dos israelitas. Vounos salvar dos exipcios e guialos a unha terra moi boa. Ti vas ser quen os sacará de Exipto”. Vaia sorpresa levou Moisés!

Moisés preguntou: “E que lles digo cando me pregunten quen me manda?”. Deus respondeulle: “Dilles que te envía Xehová, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob”. Moisés replicoulle: “E se non me fan caso?”. Entón Xehová demostroulle que o axudaría. Primeiro mandoulle que tirase o seu bastón ó chan, e o pau converteuse nunha serpe! Cando Moisés a colleu pola cola, converteuse de novo nun bastón. Xehová díxolle: “Cando fagas este milagre diante deles, crerán que fun eu quen te enviou”.

Entón Moisés dixo: “Non sei falar ben”. Pero Xehová prometeulle: “Eu direiche o que tes que dicir, e o teu irmán Aharón vaite axudar”. Convencido de que Xehová o apoiaría, Moisés volveu a Exipto coa súa muller e os seus fillos.

“Non andedes angustiados polo como ou polo que ides dicir, porque naquela hora hásevos inspira-lo que tendes que dicir” (Mateo 10:19)

Preguntas. Que viu Moisés mentres coidaba das súas ovellas? Que quería Xehová que fixese Moisés?

Éxodo 3:1–4:20; Feitos 7:30-36

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir