BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 27 páx. 68-páx. 69 par. 2
  • Unha rebelión contra Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Unha rebelión contra Xehová
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 27 páx. 68-páx. 69 par. 2
Coré e os que se puxeron da súa parte falando con Moisés e Aharón

CAPÍTULO 27

Unha rebelión contra Xehová

Tempo despois, mentres os israelitas aínda estaban no deserto, Coré, Datán, Abiram e outros 250 homes rebeláronse contra Moisés. Dixéronlle: “Xa estamos fartos de vós! Por que tes que ser ti o xefe, e Aharón o sumo sacerdote? Xehová escolleunos a todos, non só a volos dous”. A Xehová non lle gustou aquilo. Viuno como unha rebelión contra El.

Entón, Moisés díxolles a Coré e mais ós que se puxeran da súa parte: “Mañá vinde ó tabernáculo e traede os vosos incensarios. Xehová mostrará a quen escolleu”.

O día seguinte, Coré e mailos 250 homes foron ó tabernáculo onda Moisés. Queimaron incenso coma se fosen sacerdotes. Xehová díxolles a Moisés e Aharón: “Separádevos de Coré e os seus homes”.

Aínda que Coré fora ó tabernáculo onda Moisés, Datán, Abiram e as súas familias non quixeran ir. Entón, Xehová díxolles ós israelitas: “Apartádevos das tendas de Coré, Datán e Abiram”. Os israelitas apartáronse rapidamente. Datán e Abiram seguían diante das súas tendas coas súas familias e, de súpeto, a terra abriuse e tragounos! Ademais, baixou lume do ceo e devorou a Coré e os 250 homes que estaban con el onda o tabernáculo.

A terra abríndose para tragar a Datán, Abiram e as súas familias

Despois Xehová díxolle a Moisés: “Que o xefe de cada tribo colla unha vara e lle poña o seu nome. Na vara da tribo de Leví escribide o nome de Aharón. Metédeas todas no tabernáculo, e a vara daquel que eu escolla botará flores”.

O día seguinte, Moisés colleu tódalas varas e ensinóullelas ós xefes das tribos. A vara de Aharón tiña flores e améndoas. Deste xeito, Xehová confirmou que escollera a Aharón como sumo sacerdote.

“Facédelles caso e sometédevos ós vosos dirixentes” (Hebreos 13:17)

Preguntas. Por que se rebelaron Coré e outros homes contra Moisés? Como sabemos que Xehová escollera a Aharón como sumo sacerdote?

Números 16:1–17:28 (16:1–17:13, NM); 26:9-11; Salmo 106:16-18

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir