BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 33 páx. 82-páx. 83 par. 2
  • Rut e Noemí

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Rut e Noemí
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 33 páx. 82-páx. 83 par. 2
Noemí dicíndolle a Rut que volva a Moab

CAPÍTULO 33

Rut e Noemí

Houbo unha época de moita fame en Israel. Unha muller israelita, que se chamaba Noemí, marchou para a terra de Moab co seu home e os seus dous fillos. Máis tarde, o marido de Noemí morreu. Os seus fillos casaron con dúas mulleres moabitas, Rut e Orpah. Pero co tempo, os fillos de Noemí tamén morreron.

Cando Noemí soubo que a fame rematara, decidiu volver a Israel. Rut e Orpah foron con ela parte do camiño. En certo momento, Noemí díxolles: “Fostes unhas boas mulleres para os meus fillos, e unhas boas noras para min. Gustaríame que casedes de novo. Volvede a Moab”. Elas respondéronlle: “Querémoste moito! Non te imos abandonar”. Pero Noemí insistiu. Ó final, Orpah volveu a Moab, mais Rut non. Noemí díxolle: “Orpah volveu ó seu pobo e ós seus deuses. Vai con ela e volve á casa da túa nai”. Rut contestoulle: “Non te vou deixar. O teu pobo será o meu pobo, e o teu Deus será o meu Deus”. Como pensas que se sentiu Noemí ó escoitar esas palabras de Rut?

Rut e Noemí chegaron a Israel ó principio da sega da cebada. Certo día, Rut foi apañar restos de gran á leira dun home chamado Boaz, que era fillo de Rahab. Boaz soubo que Rut era unha moabita que non quixera separarse de Noemí. Díxolles ós seus traballadores que deixasen quedar un pouco máis de gran no campo para que Rut o puidese apañar.

Rut apañando gran na leira de Boaz

Aquela tarde, Noemí preguntoulle a Rut: “Na leira de quen traballaches hoxe?”. Rut respondeulle: “Na de Boaz”. Noemí díxolle: “Boaz é parente do meu home. Segue traballando no seu campo coas outras mulleres. Alí estarás segura”.

Noemí con Boaz, Rut e Obed

Rut traballou no campo de Boaz ata que rematou a colleita. El decatouse de que Rut traballaba moito e que era unha boa muller. Naquel tempo, se un home morría sen ter fillos, un dos seus parentes podía casar coa viúva. Así que Boaz casou con Rut e tiveron un fillo chamado Obed, que máis tarde chegou a ser o avó do rei David. Os amigos de Noemí estaban encantados. Por iso lle dicían: “Primeiro Xehová deuche a Rut, unha muller que coidou moito de ti, e agora dáche un neto. Louvado sexa Xehová!”.

“Hai amigos máis íntimos ca irmáns” (Proverbios 18:24)

Preguntas. Como demostrou Rut que quería moito a Noemí? Como coidou Xehová de Rut e Noemí?

Rut 1:1–4:22; Mateo 1:5

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir