BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 34 páx. 84-páx. 85 par. 2
  • Guideón vence os madianitas

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Guideón vence os madianitas
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Que poden aprender os anciáns do exemplo de Guideón?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • “Vai con esa forza que tes”
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 34 páx. 84-páx. 85 par. 2
Guideón e os seus homes tocando os cornos, rompendo as xerras, abaneando os fachos e berrando

CAPÍTULO 34

Guideón vence os madianitas

Co tempo, os israelitas apartáronse de Xehová e comezaron a adorar deuses falsos. Durante sete anos, os madianitas roubáronlles os animais e estragáronlles as colleitas. Para escapar deles tiveron que agocharse en covas e nas montañas. Suplicáronlle a Xehová que os salvase, así que Xehová enviou un anxo onda un home chamado Guideón. O anxo díxolle: “Xehová escolleute para ser un gran guerreiro”. Guideón preguntou: “Como vou salvar a Israel se non son ninguén?”.

Como podería asegurarse de que Xehová o escollera? Guideón colleu un pouco de la, púxoa na terra e díxolle a Xehová: “Se mañá a la está mollada co orballo da noite pero a terra está seca, saberei que me escolliches para salvar a Israel”. Pola mañá, a la estaba empapada pero o chan estaba seco! Guideón pediulle a Xehová que ó día seguinte a la estivese seca e o chan mollado. E así foi! Guideón convenceuse de que Xehová o escollera, así que reuniu os seus soldados para loitar contra os madianitas.

Xehová díxolle a Guideón: “Vouvos axudar a gañar a batalla. Pero sodes moitos. Para que non pensedes que gañastes por vós mesmos, dilles a tódolos que teñan medo que marchen”. Marcharon 22.000 soldados, pero 10.000 quedaron. Entón dixo Xehová: “Aínda hai moitos soldados. Lévaos a aquel regato e dilles que beban. Queda só cos que estean pendentes do inimigo mentres beben”. Só trescentos homes estiveron alerta. Xehová prometeu que con aqueles poucos homes derrotarían os 135.000 soldados madianitas.

Pola noite, Xehová díxolle a Guideón: “Agora é o momento de atacar os madianitas!”. Guideón repartiu entre os soldados cornos e unhas xerras grandes cuns fachos dentro. Díxolles: “Ollade para min, e facede o que eu faga”. Guideón tocou o seu corno, rompeu a xerra e, abaneando o facho, berrou: “A espada de Xehová e de Guideón!”. Os trescentos homes fixeron o mesmo. Os madianitas asustáronse tanto que empezaron a correr coma tolos de aquí para aló. No medio do barullo, puxéronse a pelexar entre eles. De novo, Xehová axudou ós israelitas a derrotar os seus inimigos.

Uns soldados madianitas moi asustados

“E así esa forza tan extraordinaria aparece coma forza de Deus, e non nosa” (2 Corintios 4:7)

Preguntas. Que fixo Xehová para demostrarlle a Guideón que o escollera? Por que quedou o exército de Guideón só con trescentos soldados?

Xuíces 6:1–16; 6:36–7:25; 8:28

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir