BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 37 páx. 90-páx. 91 par. 1
  • Xehová fala con Samuel

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xehová fala con Samuel
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Samuel sempre facía o que estaba ben
    Aprendamos da Biblia en familia
  • Que aprendemos da vida de Samuel?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 37 páx. 90-páx. 91 par. 1
Samuel abrindo as portas do tabernáculo

CAPÍTULO 37

Xehová fala con Samuel

O sumo sacerdote Elí tiña dous fillos que se chamaban Hofní e Pinhás. Aínda que servían como sacerdotes no tabernáculo, non obedecían as leis de Xehová e trataban moi mal a xente. Cando os israelitas traían sacrificios para ofrecer a Xehová, Hofní e Pinhás collían a mellor parte para eles. Elí sabía o que estaba a pasar, pero non facía nada. Permitiría Xehová esta situación durante moito tempo?

Aínda que Samuel era moito máis novo que Hofní e Pinhás, non facía o mesmo ca eles. Xehová estaba contento con Samuel. Unha noite, mentres durmía, Samuel escoitou que alguén o chamaba. Levantouse, foi onda Elí e díxolle: “Aquí estou!”. Pero Elí respondeulle: “Eu non te chamei. Anda, vai durmir”. Así que Samuel volveu para a cama. Pasou o mesmo outras dúas veces. Á terceira, Elí caeu na conta de que era a voz de Xehová. Díxolle a Samuel que, se escoitaba chamar por el outra vez, respondese: “Dime, Xehová. O teu servo escoita”.

Samuel contándolle a Elí o que lle dixera Xehová

Samuel volveu para a cama. Entón escoitou: “Samuel! Samuel!”. El contestou: “Dime. O teu servo escóitate”. Xehová díxolle: “Vai e dille a Elí que vou castigalo a el e maila súa familia. Ben sabe que seus fillos andan a facer cousas malas no meu tabernáculo, pero non fai nada”. A mañá seguinte, Samuel abriu as portas do tabernáculo, como facía tódolos días. Tiña medo de contarlle ó sumo sacerdote o que lle dixera Xehová. Pero Elí chamouno e preguntoulle: “Meu fillo, que foi o que che dixo Xehová? Cóntamo todo”. Así que Samuel contoullo todo.

Segundo foi crecendo, Xehová coidou de Samuel. En toda a terra dos israelitas sabíase que Xehová escollera a Samuel para ser xuíz e profeta.

“Lembra ó teu creador nos anos mozos” (Eclesiastés 12:1)

Preguntas. Por que Samuel era diferente a Hofní e Pinhás? Que lle dixo Xehová a Samuel?

1 Samuel 2:12-17, 22-26; 3:1-21; 7:6

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir