BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 45 páx. 110-páx. 111 par. 2
  • Un reino dividido

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Un reino dividido
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 45 páx. 110-páx. 111 par. 2
Ahías rachando o seu manto en doce cachos en fronte de Ieroboam

CAPÍTULO 45

Un reino dividido

Mentres Salomón foi fiel a Xehová, houbo paz en Israel. Pero co tempo casou con moitas mulleres doutros países que adoraban ídolos. Pouco a pouco, Salomón foi cambiando e acabou adorando ídolos igual ca elas. Xehová enfadouse moito e díxolle a Salomón: “Voulle quitar o reino de Israel á túa familia e dividireino en dous. A parte máis grande será para un dos teus servos, e a máis pequena será para a túa familia”.

Xehová fixo outra cousa para que a súa decisión se entendese mellor. Cando un dos servos de Salomón chamado Ieroboam ía de viaxe, atopouse polo camiño co profeta Ahías. O profeta rachou a súa túnica en doce cachos e díxolle a Ieroboam: “Xehová vaille quitar o reino de Israel á familia de Salomón e vaino dividir en dous. Colle dez pedazos deste manto porque ti serás rei sobre dez tribos”. Cando o rei Salomón soubo do que pasara, quixo matar a Ieroboam! Así que Ieroboam fuxiu a Exipto. Co tempo, Salomón morreu e o seu fillo Roboam converteuse en rei. Entón Ieroboam pensou que o perigo xa pasara, e volveu a Israel.

Moitos israelitas ofrecendo sacrificios a un becerro de ouro que fixera Ieroboam

Os anciáns dixéronlle a Roboam: “O pobo serache leal se o tratas ben”. Pero os seus amigos, que eran novos, dixéronlle: “Tes que ser duro coa xente! Fai que traballen aínda máis!”. Roboam seguiu o consello dos seus amigos. Foi cruel coa xente, e as dez tribos acabaron rebelándose contra el e facendo rei a Ieroboam. Esas dez tribos coñecéronse como o reino de Israel. As outras dúas formaron o reino de Xudá, que seguiu sendo leal a Roboam. Agora as doce tribos de Israel estaban divididas.

Ieroboam non quería que o seu pobo fose adorar a Xerusalén, xa que estaba no reino de Roboam. Sabes por que? Porque tiña medo de que se puxesen na súa contra e apoiasen a Roboam. Así que fixo dous becerros de ouro e dixo: “Xerusalén está moi lonxe. Quedade aquí para adorar a Deus”. A xente empezou a adorar os becerros de ouro e pouco a pouco fóronse esquecendo outra vez de Xehová.

“Nos vos xungades en parella desigual cos infieis. ¿Que ten que ve-la rectitude coa maldade? [...] ¿Pode o crente ser parceiro do infiel?” (2 Corintios 6:14, 15)

Preguntas. Por que se dividiu Israel? Que cousas malas fixo o rei Roboam? Que cousas malas fixo o rei Ieroboam?

1 Reis 11:1-13, 26-43; 12:1-33

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir