BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 47 páx. 114-páx. 115 par. 3
  • Xehová dálle forzas a Elías

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xehová dálle forzas a Elías
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Sénteste algunha vez só e asustado?
    Aprendamos da Biblia en familia
  • A proba do monte Carmelo
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 47 páx. 114-páx. 115 par. 3
Elías escoitando o anxo de Deus mentres está de pé diante dunha cova no monte Horeb

CAPÍTULO 47

Xehová dálle forzas a Elías

Cando Iezabel soubo do que lles pasara ós profetas de Baal, enfadouse moitísimo. Envioulle esta mensaxe a Elías: “Mañá vas morrer, igual que morreron os profetas de Baal”. Elías colleu moito medo e fuxiu ó deserto. Alí oroulle a Deus: “Xehová, xa non aguanto máis. Deixa que morra”. Elías estaba moi canso, así que quedou durmido debaixo dunha árbore.

Un anxo espertouno e díxolle: “Érguete e come algo”. Elías viu un pan redondo enriba dunhas pedras quentes e unha xerra de auga. O profeta comeu, bebeu e volveu durmir. O anxo espertouno outra vez e díxolle: “Come, que necesitas forzas para a viaxe”. Así que Elías comeu un pouco máis. Despois camiñou durante corenta días e corenta noites ata que chegou ó monte Horeb. Alí atopou unha cova e meteuse nela a durmir. Pero Xehová díxolle: “Que fas aí, Elías?”. El contestou: “Os israelitas romperon a súa promesa. Destruíron os teus altares e mataron os teus profetas. E agora quérenme matar a min tamén”.

Entón Xehová díxolle a Elías: “Sae da cova e mira o que che vou mostrar”. Primeiro, un vento moi forte soprou diante da cova. Despois houbo un terremoto e logo un gran lume. Por último, escoitouse o murmurio dunha voz suave. Elías cubriuse a cara co manto e quedou fóra da cova. Entón Xehová preguntoulle por que fuxira. Elías respondeulle: “Porque son o único dos teus servos que queda vivo”. Pero Xehová díxolle: “Non é certo. Hai outras 7000 persoas en Israel que aínda me adoran. Vaite e nomea a Eliseo como profeta para que sexa o teu sucesor”. Ó momento, Elías fixo o que Xehová lle mandara. Ti que pensas? Cres que Xehová te vai axudar se fas o que El quere? Por suposto que si. Vexamos algo que ocorrera durante o tempo da seca que houbo en Israel.

“Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de gracias” (Filipenses 4:6)

Preguntas. Por que fuxiu Elías? Que lle dixo Xehová a Elías?

1 Reis 19:1-18; Romanos 11:2-4

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir