BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 52 páx. 126-páx. 127 par. 1
  • Os cabalos e os carros de lume de Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Os cabalos e os carros de lume de Xehová
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • “Hai máis connosco ca con eles”
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 52 páx. 126-páx. 127 par. 1
Eliseo e o seu criado rodeados polo exército Sirio

CAPÍTULO 52

Os cabalos e os carros de lume de Xehová

Benhadad, o rei de Siria, atacou varias veces a Israel. O profeta Eliseo sempre avisaba o rei de Israel para que puidese escapar. Entón Benhadad decidiu secuestrar a Eliseo. Cando soubo que estaba en Dotán, enviou o seu exército a por el.

Os sirios chegaron a Dotán de noite. A mañá seguinte, o criado de Eliseo viu un grande exército rodeando a cidade. Asustouse moitísimo e berrou: “Eliseo! E agora que facemos?”. Eliseo respondeulle: “Hai máis con nós que con eles”. Nese momento, Xehová fixo que o criado de Eliseo vise as montañas arredor da cidade cheas de cabalos e carros de lume.

Eliseo e o seu criado vendo o exército de anxos rodeándoos

Cando os soldados intentaron capturar a Eliseo, el orou a Deus: “Xehová, por favor, deixa cega a esta xente”. De súpeto, aínda que os soldados seguían vendo, non sabían onde estaban. Eliseo díxolles: “Estades na cidade equivocada. Seguídeme, que eu vos levarei onda o home que buscades”. Eles seguírono ata Samaría, onde vivía o rei de Israel.

Cando os sirios se decataron de onde estaban, xa era demasiado tarde. O rei de Israel preguntoulle a Eliseo: “Debería matalos?”. Que faría Eliseo? Aproveitaría para vingarse dos que intentaran facerlle dano? Non. Díxolle ó rei: “Non os mates. Dálles de comer e mándaos de volta”. Así que o rei preparoulles un banquete e despois mandounos para a casa.

Os soldados sirios comendo en Samaría

“Cando acudimos a el, estamos certos de que nos escoita, se o que lle pedimos está conforme coa súa vontade” (1 Xoán 5:14)

Preguntas. Como protexeu Xehová a Eliseo e o seu criado? Pensas que Xehová te pode protexer tamén a ti?

2 Reis 6:8-24

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir