BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 53 páx. 128
  • Iehoiadá actúa con valentía

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Iehoiadá actúa con valentía
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Por que debemos temer a Xehová?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Xehová recompensa a valentía
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
  • Unha muller ambiciosa e retorcida que non quedou sen castigo
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2022)
  • Introdución á sección 9
    Aprendamos das historias da Biblia
Ver máis
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 53 páx. 128
O sumo sacerdote Iehoiadá presentándolle á xente o xove rei Ioax

CAPÍTULO 53

Iehoiadá actúa con valentía

Iezabel tiña unha filla chamada Atalía que era tan mala coma ela. Atalía estaba casada co rei de Xudá e, cando el morreu, o seu fillo comezou a reinar. Pero o fillo tamén morreu e entón Atalía fíxose raíña de Xudá. Ela intentou acabar con toda a familia real matando a calquera que puidese gobernar no seu lugar. Ata matou os seus netos! Por iso todos lle tiñan moito medo.

O sumo sacerdote Iehoiadá e a súa muller Ioxeba sabían que a raíña estaba facendo cousas moi malas. Así que arriscaron a súa vida por Ioax, un dos netos de Atalía. Agocharon o meniño e criárono no templo.

Cando Ioax tiña 7 anos, Iehoiadá xuntou os xefes da garda e os levitas, e díxolles: “Vixiade as portas do templo. Non deixedes que entre ninguén”. Logo, Iehoiadá fixo rei a Ioax e púxolle unha coroa na cabeza. A xente comezou a gritar: “Viva o rei!”.

A raíña Atalía berrando

Atalía escoitou o barullo e entrou correndo no templo. Cando viu o novo rei, berrou: “Traizón! Traizón!”. Pero os xefes da garda agarrárona, sacárona fóra e matárona. Ela fora un mal exemplo para o pobo. Que pasaría agora?

Iehoiadá axudou á nación a facer un pacto con Xehová. Nese pacto, os israelitas prometeron que só adorarían a Xehová. Ademais, Iehoiadá fixo que derrubasen o templo de Baal e rompesen en anacos os ídolos. Logo, nomeou sacerdotes e levitas para traballar no templo, e así o pobo puido adorar outra vez alí a Xehová. Tamén puxo gardiáns nas portas para que non entrase ninguén impuro. Entón, Iehoiadá e os xefes da garda levaron a Ioax ó palacio e sentárono no trono. Que contento se puxo o pobo de Xudá! Por fin podían servir a Xehová libres da malvada Atalía e da adoración a Baal. Viches canta xente axudou Iehoiadá por ser valente?

“Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden mata-la alma; temede máis ben a aquel que pode arruina-lo corpo e a alma” (Mateo 10:28)

Preguntas. Por que sabemos que Iehoiadá foi un home valente? Cres que Xehová pode axudarche a ti tamén a ser valente?

2 Reis 11:1–12:13 (11:1–12:12, NM); 2 Crónicas 21:1-6; 22:10-12; 23:1–24:16

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir