BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 54 páx. 130-páx. 131 par. 1
  • Xehová ten paciencia con Xonás

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xehová ten paciencia con Xonás
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 54 páx. 130-páx. 131 par. 1
Xonás afundíndose no mar preto dun peixe enorme

CAPÍTULO 54

Xehová ten paciencia con Xonás

Había unha cidade en Asiria chamada Nínive, na que a xente era moi mala. Por iso Xehová lle mandou ó seu profeta Xonás que fose alí. Tiña que avisar á xente de que deixasen de facer cousas malas. Pero Xonás foi en dirección contraria e liscou nun barco que ía cara a Tárxix.

Xa no mar, comezou un temporal moi grande e os mariñeiros estaban mortos de medo. Pregábanlles ós seus deuses: “Por que esta pasando isto?”. Xonás confesoulles: “Todo é culpa miña. Estou fuxindo do lugar onde Xehová me mandou ir. Collédeme e botádeme ó mar. Xa veredes como amaina”. Os mariñeiros non querían tiralo pola borda, pero Xonás seguiu insistíndolles. Ó final tirárono ó mar e o temporal parou.

Xonás pensaba que ía morrer, e oráballe a Xehová mentres se afundía máis e máis no mar. Entón, Xehová fixo que un peixe enorme o tragase, pero Xonás non morreu! Alí dentro, Xonás orou: “Prométoche que sempre te vou obedecer”. Xehová mantivo con vida a Xonás dentro do peixe por tres días, e despois fixo que o vomitase en terra firme.

Xehová salvara a Xonás. Quería dicir iso que xa non tiña que ir a Nínive? Non. Xehová volveulle mandar que fose alí. Desta vez, Xonás obedeceu. Foi a Nínive e díxolle á xente mala que vivía alí: “Dentro de corenta días Nínive será destruída”. Entón pasou algo inesperado. O rei díxolle ó pobo. “Pregádelle a Deus e arrepentídevos. Quen sabe? Poida que así non acabe con nós”. Os ninivitas fixeron caso e deixaron de facer cousas malas. Cando Xehová viu que se arrepentiran, decidiu non destruír aquela cidade.

Xonás chegando a Nínive

A Xonás pareceulle moi mal que Xehová non destruíra Nínive. Pensa nisto. Xehová tivera paciencia e compaixón de Xonás, pero Xonás non tivo compaixón dos ninivitas. Puxo mala cara e sentouse ás aforas da cidade á sombra dunha planta grande. Pero a planta morreu, e Xonás enfadouse moito. Entón Xehová díxolle: “Impórtache máis esta planta que a xente de Nínive. Eu compadecinme deles e deixeinos vivir”. Cal foi a lección? Aquelas persoas eran máis importantes que calquera planta.

Xehová “ten paciencia convosco, porque non quere que ninguén pereza senón que a todos lles dea tempo a se converteren” (2 Pedro 3:9)

Preguntas. Que leccións lle ensinou Xehová a Xonás? Que aprendemos do que lle pasou a Xonás?

Xonás 1:1–4:11

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir