BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 55 páx. 132
  • O anxo de Xehová protexe a Ezequías

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O anxo de Xehová protexe a Ezequías
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • A fe de Ezequías foi recompensada
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 55 páx. 132
Un anxo atacando o campamento asirio

CAPÍTULO 55

O anxo de Xehová protexe a Ezequías

O imperio de Asiria conquistara as dez tribos de Israel. E agora Senaquerib, o rei de Asiria, quería facer o mesmo coas dúas tribos de Xudá. Así que comezou a conquistar as cidades de Xudá unha a unha. Tíñalle moitas ganas a Xerusalén, pero o que non sabía era que Xehová protexía esa cidade.

Ezequías, o rei de Xudá, pagoulle moitos cartos a Senaquerib para que non atacase Xerusalén. Pero el colleu os cartos e mandou ó seu gran exército que atacase a cidade. O pobo estaba moi asustado porque os asirios estaban cada vez máis preto. Entón Ezequías díxolles: “Non teñades medo. Os asirios son fortes, pero coa axuda de Xehová nós seremos aínda máis fortes ca eles”.

Entón, Senaquerib mandou un dos seus oficiais a Xerusalén para burlarse da xente. O oficial quedou de pé fóra da cidade e berrou: “Xehová non vos pode salvar! Que Ezequías non vos engane: ningún deus poderá protexervos!”.

Ezequías preguntoulle a Xehová que podían facer, e Xehová contestoulle: “Non teñades medo do que vos diga o oficial. Senaquerib non vai conquistar Xerusalén”. Despois, Ezequías recibiu unhas cartas de Senaquerib que dicían: “Rendédevos! Xehová non vos pode salvar”. Ezequías orou: “Por favor, Xehová, sálvanos! Que todos saiban que ti es o único Deus verdadeiro”. Xehová respondeulle: “O rei de Asiria non conquistará Xerusalén. Eu protexerei a miña cidade”.

Senaquerib estaba seguro de que Xerusalén pronto sería súa. Pero aquela mesma noite, Xehová mandou un anxo onda os asirios que estaban acampados fóra da cidade. O anxo matou 185.000 soldados! Naquela noite, Senaquerib perdeu os seus mellores homes. Non lle quedou outra que marchar derrotado para a casa. Tal e como prometera, Xehová protexeu a Ezequías e a cidade de Xerusalén. Imaxínate que estiveses alí. Confiarías ti tamén en Xehová?

“O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis e dálles seguridade” (Salmo 34:8 [34:7, NM])

Preguntas. Que fixo Xehová para protexer Xerusalén? Pensas que Xehová te vai protexer a ti tamén?

2 Reis 17:1-6; 18:13-37; 19:1-37; 2 Crónicas 32:1-23

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir