BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 66 páx. 156-páx. 157 par. 1
  • Esdras ensina a Lei de Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Esdras ensina a Lei de Xehová
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Podes manter a confianza en momentos de inseguridade
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Xehová quere que o sirvamos de boa gana
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Esdras honrou a Xehová coa súa conduta
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 66 páx. 156-páx. 157 par. 1
Esdras louvando a Xehová na praza de Xerusalén e a xente levantando as mans para demostrar que está de acordo

CAPÍTULO 66

Esdras ensina a Lei de Xehová

Pasaran uns setenta anos dende que os israelitas volveran a Xerusalén. Pero algúns quedaran a vivir en diferentes partes do imperio persa. Un deles foi un sacerdote chamado Esdras, que ensinaba a Lei de Xehová. Cando Esdras soubo que en Xerusalén non obedecían a Lei, quixo ir alí a axudalos. O rei persa Artaxerxes díxolle: “Deus deuche sabedoría para ensinar a Lei. Vai e leva contigo a quen queira ir”. Esdras reuniuse con tódolos que querían volver a Xerusalén. Antes de saír, pedíronlle a Xehová que os protexese na longa viaxe.

Catro meses despois, chegaron a Xerusalén. Os gobernadores da cidade dixéronlle a Esdras: “Os israelitas desobedeceron a Xehová e casaron con mulleres que adoran deuses falsos”. Que faría Esdras? Inclinouse diante de todo o pobo e orou: “Xehová, ti fixeches tantas cousas boas por nós... e nós pecamos contra ti”. Os israelitas arrepentíronse, pero necesitaban axuda para facer o correcto. Entón, Esdras escolleu anciáns e xuíces para axudalos. Durante os seguintes tres meses, botaron da cidade a tódolos que non adoraban a Xehová.

Pasaron doce anos. Durante ese tempo, os muros de Xerusalén quedaron reconstruídos. Esdras xuntou o pobo na praza da cidade para lerlle da Lei de Deus. Abriu o libro e todos se puxeron en pé. Despois, Esdras louvou a Xehová e o pobo levantou as mans para demostrar que estaba de acordo. Logo, Esdras comezou a ler e explicar a Lei mentres eles escoitaban con atención. Déronse conta de que volveran afastarse de Xehová e empezaron a chorar. O día seguinte, Esdras seguiu léndolles da Lei, e decatáronse de que pronto debían celebrar a Festa das Cabanas. Así que puxéronse a organizala deseguida.

Durante os sete días da festa, os israelitas estiveron moi contentos e déronlle as grazas a Xehová pola boa colleita. Dende os días de Xosué, non houbera unha Festa das Cabanas coma aquela. Despois, o pobo xuntouse e orou: “Xehová, salváchesnos da escravitude, e déchesnos comida no deserto e este país tan bonito. Pero nós desobedecémoste unha e outra vez. Enviaches os teus profetas pero non lles fixemos caso. Aínda así, fuches paciente con nós e mantiveches a promesa que lle fixeras a Abraham. Agora nós prometemos que te imos obedecer”. Escribiron a súa promesa, e os gobernadores, os levitas e os sacerdotes firmárona cun selo.

“Ditosos máis ben os que escoitan a Palabra de Deus e a gardan” (Lucas 11:28)

Preguntas. Que lles ensinou Esdras ós israelitas de Xerusalén? Que prometeu facer o pobo?

Esdras 7:1-28; 8:21-23, 31, 32; 9:1–10:19; Nehemías 8:1-18; 9:1–10:1 (9:1-38, NM)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir