BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 92 páx. 214-páx. 215 par. 1
  • Xesús aparéceselles ós pescadores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús aparéceselles ós pescadores
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 92 páx. 214-páx. 215 par. 1
Xesús falando cos seus discípulos mentres cociña peixe no lume

CAPÍTULO 92

Xesús aparéceselles ós pescadores

Tempo despois de que Xesús se lles aparecese ós apóstolos, Pedro foi pescar ó mar de Galilea. Tomé, Santiago, Xoán e algúns discípulos máis foron con el. Estiveron toda a noite pero non pescaron nada.

Pola mañá cedo, viron un home na beira do mar que lles preguntou: “Pescastes algo?”. Eles responderon: “Non!”. O home díxolles: “Largade a rede polo lado dereito da barca”. Cando o fixeron, xuntaron tantos peixes que non eran capaces de recoller a rede. De repente, Xoán decatouse de que aquel home era Xesús, e berrou: “É o Señor!”. Entón, Pedro saltou ó mar e nadou cara á costa, mentres que os demais discípulos o seguiron na barca.

Cando chegaron á praia, viron que había algo de peixe enriba dunhas brasas e un pouco pan. Xesús pediulles algúns dos peixes que acaban de pescar para cociñalos. Logo invitounos: “Vinde almorzar”.

Pedro chegando á praia onda Xesús mentres outros discípulos o seguen na barca

Despois de almorzar, Xesús preguntoulle a Pedro: “Quéresme máis a min que a estes peixes?”. Pedro contestou: “Si, Señor, ti sabes que si”. Xesús dixo: “Entón coida dos meus años”. Logo, Xesús volveulle preguntar: “Pedro, quéresme?”. El respondeu: “Señor, xa sabes que si”. Xesús contestou: “Coida das miñas ovellas”. Xesús preguntoulle o mesmo por terceira vez. Pedro púxose moi triste e dixo: “Señor, ti sábelo todo. Ben sabes que te quero moito”. Xesús díxolle: “Alimenta as miñas ovelliñas”. E despois mandoulle: “Continúa seguíndome”.

Xesús díxolles: “Vide comigo, e fareivos pescadores de homes. Eles deixaron de contado o aparello, e seguírono” (Mateo 4:19, 20)

Preguntas. Que milagre fixo Xesús? Por que lle preguntaría Xesús tres veces a Pedro se o quería?

Xoán 21:1-19, 25; Feitos 1:1-3

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir