BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 99 páx. 230-páx. 231 par. 4
  • Un carcereiro aprende acerca de Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Un carcereiro aprende acerca de Xehová
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • “Ven a Macedonia”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 99 páx. 230-páx. 231 par. 4
O carcereiro en Filipos atopando abertas as portas do cárcere e tódolos prisioneiros dentro

CAPÍTULO 99

Un carcereiro aprende acerca de Xehová

En Filipos había unha serva que adiviñaba o futuro porque estaba posuída por un demo. Os seus amos gañaban moitos cartos coas súas predicións. Cando Paulo e Bernabé chegaron a Filipos, ela seguiunos por moitos días. O demo facía que a rapaza gritase: “Estes homes son servos do Deus Altísimo!”. Ó final, Paulo ordenoulle ó demo: “No nome de Xesús, sae dela!”. E o demo saíu.

Cando os amos da rapaza viron que xa non ían gañar máis cartos con ela, enfadáronse moito. Levaron a rastro a Paulo e mais a Silas onda os xuíces, dicindo: “Estes homes non obedecen a lei e están alborotando toda a cidade!”. Os xuíces mandaron azoutalos e botalos no cárcere. O carcereiro meteunos na parte máis escura e profunda da prisión, e prendeulles os pés nun cepo.

Paulo e Silas empezaron a cantar louvanzas a Xehová mentres os demais prisioneiros escoitaban. De súpeto, no medio da noite houbo un terremoto tan grande que fixo tremer todo o cárcere. Abríronse tódalas portas de golpe, e soltáronse as cadeas e os cepos. O carcereiro correu dentro da prisión e viu as portas abertas. Pensando que os prisioneiros escaparan, colleu unha espada para se matar.

Xusto nese momento, Paulo berrou: “Non o fagas! Estamos todos aquí!”. O carcereiro correu onda eles e inclinouse ós pés de Paulo e Silas. Despois preguntoulles: “Que teño que facer para me salvar?”. Eles dixéronlle: “Ti e maila túa familia tendes que crer en Xesús”. Paulo e Silas ensináronlles acerca de Xehová e o carcereiro e maila súa familia bautizáronse.

“Botaranse sobre vós, perseguíndovos: levaranvos ás sinagogas e á cadea, ante reis e gobernadores por causa miña; así teréde-la oportunidade de dar testemuño” (Lucas 21:12, 13)

Preguntas. Por que botaron no cárcere a Paulo e a Silas? Como aprendeu o carcereiro acerca de Deus?

Feitos 16:16-34

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir