Introdución á sección 3
A Biblia fala de moi poucas persoas que servisen a Xehová nos anos posteriores ó Diluvio. Entre elas está Abraham, coñecido por ser amigo de Xehová. Por que di a Biblia que era amigo de Xehová? Se tes fillos, axúdalles a entender que Xehová se interesa por eles persoalmente e quere axudalos. Igual que fixeron Abraham e outros servos fieis, como Lot e Xacob, nós tamén podemos pedirlle a Xehová que nos axude. Podemos estar seguros de que El sempre cumprirá as súas promesas.