Introdución á sección 10
Xehová é o Rei de todo o que existe. Sempre tivo todo baixo control e sempre o terá. Por exemplo, rescatou a Xeremías dun pozo con lama, salvou a Xadrac, Mixac e Abednegó dun forno con lume, e a Daniel duns leóns. Tamén protexeu a Ester e así ela puido salvar toda a nación. El non permitirá que a maldade dure para sempre. As profecías que describen unha grande estatua e unha enorme árbore son unha garantía de que o Reino de Xehová pronto acabará con toda a maldade e gobernará na terra.