CANCIÓN 3
A nosa forza, a nosa esperanza, a nosa confianza
(Proverbios 14:26)
1. Noso Pai, a nosa vida ten
sentido, un porqué,
esperanza, un futuro
que damos a saber.
Pero ás veces, os problemas fan
esa luz escurecer.
Non queremos que o medo
apague a nosa fe.
(REFRÁN)
Forzas dás, oh, Xehová,
esperanza es!
Sostesnos co teu gran poder.
Falaremos de ti
con intensa fe.
Servirte, pra nós, é un pracer.
2. Noso Pai, queremos recordar
que sempre estás con nós,
que de ti recibiremos
consolo e valor.
Se pensamos nisto, imos ver
como crece o noso amor,
como a luz recuperamos
no noso corazón.
(REFRÁN)
Forzas dás, oh, Xehová,
esperanza es!
Sostesnos co teu gran poder.
Falaremos de ti
con intensa fe.
Servirte, pra nós, é un pracer.
(Ver tamén Sal. 72:13, 14; Prov. 3:5, 6, 26; Xer. 17:7.)