CANCIÓN 12
Xehová, o noso gran Deus
(Éxodo 34:6, 7)
1. Deus Soberano, es merecente
de cancións no teu honor
pois non hai ninguén maior.
Pai poderoso, sabio, eterno...
Grazas polo teu amor.
2. Deus compasivo, moito me coidas.
Miñas penas, meu pesar,
sempre queres escoitar.
Pai benquerido, tenro, humilde...
Sei que nunca vas faltar.
3. Ceos e terra, xuntos cantamos:
“Gloria damos ó Señor
pois non hai un Pai mellor”.
Deus verdadeiro, honra mereces.
Es, Xehová, meu Salvador.