CANCIÓN 57
Prediquemos a todo tipo de persoas
1. Queremos imita-lo noso Deus,
ser imparciais no trato cos demais.
Xehová invita a todos por igual,
pois el desexa se-lo noso Pai.
(REFRÁN)
Que importa a nación
se Deus ve o corazón!
A todos el ofrece salvación.
Para nós é un pracer
ir e darlles a saber:
“Tamén ti podes ser amigo del”.
2. Ás veces, nós podemos prexulgar,
pero Xehová non queda co exterior.
O mesmo dá a raza ou a cor,
pois Deus só ve o noso interior.
(REFRÁN)
Que importa a nación
se Deus ve o corazón!
A todos el ofrece salvación.
Para nós é un pracer
ir e darlles a saber:
“Tamén ti podes ser amigo del”.
3. Xehová recibe a todos por igual
en canto deixan este mundo atrás.
Nós xa o sabemos de primeira man!
Sen distincións, iremos predicar!
(REFRÁN)
Que importa a nación
se Deus ve o corazón!
A todos el ofrece salvación.
Para nós é un pracer
ir e darlles a saber:
“Tamén ti podes ser amigo del”.
(Ver tamén Xoán 12:32; Feit. 10:34; 1 Tim. 4:10; Tito 2:11.)