CANCIÓN 129
Seguiremos aguantando
1. Cristo aguantou
as probas sen desfalecer,
sempre foi feliz
e nunca se deixou vencer.
Paciente, confiaba
nas bendicións de Deus.
(REFRÁN)
Seguimos cara adiante,
cos ollos no porvir.
Xamais nos renderemos,
así aguantaremos ata o fin.
2. Se das nosas mans
o tempo escapa e vén a dor,
temos que lembrar
o que Xehová fará por nós.
Sentilo, vivilo,
alegra o corazón.
(REFRÁN)
Seguimos cara adiante,
cos ollos no porvir.
Xamais nos renderemos,
así aguantaremos ata o fin.
3. Non hai que temer,
impacientarse ou dubidar.
Imos esperar
con fe o día de Xehová.
Miramos adiante,
moi pouco falta xa!
(REFRÁN)
Seguimos cara adiante,
cos ollos no porvir.
Xamais nos renderemos,
así aguantaremos ata o fin.
(Ver tamén Feit. 20:19, 20; Sant. 1:12; 1 Ped. 4:12-14.)