BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 18
  • Como identificar os cristiáns verdadeiros

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como identificar os cristiáns verdadeiros
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Son as testemuñas de Xehová cristiáns verdadeiros?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como se están a predicar as boas noticias?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como é Xesús?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 18
Lección18. Xesús dándolles instrucións ós seus discípulos e mandándoos a predicar de dous en dous.

LECCIÓN 18

Como identificar os cristiáns verdadeiros

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Millóns de persoas din ser cristiás. Pero non todas teñen as mesmas crenzas nin se guían polos mesmos valores. Entón, como podemos identificar os cristiáns verdadeiros?

1. Que significa ser cristián?

Os cristiáns son discípulos ou seguidores de Xesucristo (le Feitos 11:26). Como demostran que son discípulos de Xesús? El dixo: “Se permanecedes na miña palabra, seredes de verdade discípulos meus” (Xoán 8:31). Isto significa que os cristiáns verdadeiros deben obedecer as ensinanzas de Xesús. El baseou as súas ensinanzas nas Escrituras. Por iso os verdadeiros cristiáns basean as súas crenzas na Biblia (le Lucas 24:27).

2. Como demostran amor os cristiáns verdadeiros?

Xesús díxolles ós seus seguidores: “Que vos amedes uns a outros coma eu vos amei” (Xoán 15:12). Como demostrou Xesús que amaba os seus discípulos? Pasou tempo con eles, animounos e axudounos. E incluso deu a súa vida por eles (1 Xoán 3:16). Do mesmo xeito, os cristiáns verdadeiros fan máis que só falar de amor: demostran coas súas palabras e accións que se aman uns ós outros.

3. Cal é a actividade principal dos cristiáns verdadeiros?

Xesús encargoulles unha tarefa ós seus discípulos: “Mandounos a predica-lo Reino de Deus” (Lucas 9:2). Os primeiros cristiáns non só predicaban nos lugares de culto, senón tamén noutros sitios públicos e nas casas da xente (le Feitos 5:42; 17:17). Na actualidade, os verdadeiros cristiáns tamén predican en calquera sitio onde haxa xente. Quérenlles moito ós seus veciños. Por iso usan de boa gana o seu tempo e enerxías para compartir con eles a mensaxe de esperanza e consolo que dá a Biblia (Marcos 12:31).

AFONDA MÁIS

Analiza como podes diferenciar os cristiáns verdadeiros das persoas que non seguen as ensinanzas e o exemplo de Xesús.

4. Buscan a verdade da Biblia

Dous cristiáns do século primeiro examinando un rolo para buscar a verdade da Biblia.

Os primeiros cristiáns valoraban a Palabra de Deus

Non tódolos que din ser cristiáns valoran a verdade da Biblia. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Como se corrompeu o cristianismo (5:19)

  • De que xeito torceron algunhas relixións que din ser cristiás as ensinanzas de Xesús?

Xesús ensinou a verdade da Palabra de Deus. Lede Xoán 18:37 e logo comentade esta pregunta:

  • Segundo dixo Xesús, como podemos identificar os cristiáns verdadeiros?

5. Predican a verdade da Biblia

Cristiáns do século primeiro predicándolles ás persoas nas súas casas.

Os primeiros cristiáns predicábanlle á xente

Antes de subir ó ceo, Xesús encargoulles ós seus seguidores unha actividade que aínda non rematou. Lede Mateo 28:19, 20 e Feitos 1:8 e logo comentade esta pregunta:

  • Ata que punto se tería que predicar?

6. Practican o que predican

Que convenceu a un home chamado Tom de que atopara o cristianismo verdadeiro? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Deixei a relixión (5:20)

  • Que fixo que Tom deixase a relixión?

  • Por que está convencido de que atopou a verdade?

As accións din máis que as palabras. Lede Mateo 7:21 e logo comentade esta pregunta:

  • Que é máis importante para Xesús, o que dicimos crer ou o que demostramos coas nosas accións?

7. Ámanse uns ós outros

Unha familia cristiá do século primeiro levándolle comida a outra familia cristiá.

Os primeiros cristiáns amábanse uns ós outros

De verdade houbo cristiáns que arriscaron as súas vidas uns polos outros? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Ofreceuse para dar a súa vida (2:55)

  • Que motivou a Lloyd a arriscar a súa vida polo irmán Johansson?

  • Pensas que actuou coma un verdadeiro cristián?

Lede Xoán 13:34, 35 e logo comentade estas preguntas:

  • Como tratarían os discípulos de Xesús, é dicir, os cristiáns verdadeiros, ás persoas doutras razas e nacións?

  • Como o demostrarían en tempos de guerra?

HAI QUEN DI: “A Igrexa fixo moitas barbaridades. Xa non me fío de ningunha relixión”.

  • Que texto usarías para explicar que os cristiáns verdadeiros son diferentes?

RESUMO

Os cristiáns verdadeiros poñen en práctica o que ensina a Biblia, ámanse uns ós outros e predican a verdade da Biblia.

Repaso

  • En que basean as súas crenzas os cristiáns verdadeiros?

  • Que calidade identifica os cristiáns verdadeiros?

  • Que labor fan os cristiáns verdadeiros?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende máis sobre un grupo de persoas que se esforza por seguir o exemplo e as ensinanzas de Xesucristo.

Quen somos as testemuñas de Xehová? (1:13)

Mira que levou a unha monxa a atopar unha verdadeira familia espiritual.

“Usaron a Biblia para responder tódalas miñas preguntas!” (La Atalaya, 1 abril 2014)

Aprende como os verdadeiros cristiáns demostran amor polos seus compañeiros de crenzas que necesitan axuda.

Axudamos os nosos irmáns cando ocorre un desastre (fragmento) (3:57)

Xesús deixou un modelo para identificar os verdadeiros cristiáns. Analiza como seguiron ese modelo os primeiros cristiáns e como o seguen os cristiáns verdadeiros da actualidade.

“Que identifica os cristiáns verdadeiros?” (La Atalaya, 1 marzo 2012)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir