BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 25
  • Cal é o propósito de Deus para nós?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cal é o propósito de Deus para nós?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Quen é Deus?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como empezou a vida?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Preguntas sobre a Biblia / A vida e a morte / Cal é o sentido da vida?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Como nos pode salvar a morte de Xesús?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 25
Lección 25. A Terra vista dende o espazo.

LECCIÓN 25

Cal é o propósito de Deus para nós?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

A Biblia recoñece que a vida dos seres humanos é curta e está chea de problemas (Xob 14:1). De verdade é isto o que Deus quere para nós? Se non é así, cal é o seu propósito para a humanidade? Cumprirase algún día? Analiza as respostas que dá a Biblia.

1. Que tipo de vida quere Deus para nós?

Xehová quere que teñamos a mellor vida posible. Cando creou os primeiros humanos, Adam e Eva, púxoos nun fermoso paraíso, o xardín de Edén. Entón “bendiciunos así: ‘Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea’” (Xénese 1:28). Xehová quería que tivesen fillos, convertesen toda a Terra nun paraíso e coidasen dos animais. O seu propósito era que tódalas persoas desfrutasen de saúde perfecta e vivisen para sempre.

Aínda que as cousas non acabaron sendo así,a o propósito de Deus non cambiou (Isaías 46:10, 11). El aínda quere que os humanos obedientes vivan para sempre en condicións perfectas (le Apocalipse 21:3, 4).

2. Como podemos desfrutar agora dunha vida con sentido?

Xehová creounos coa necesidade ou desexo de coñecelo e adoralo (le Mateo 4:4; 5:4-6). Quere que teñas unha amizade estreita con el, “que andes polos seus camiños” e que o ames e o sirvas “con todo o teu corazón” (Deuteronomio 10:12, SBG; Proverbios 3:32). Cando o facemos, podemos ser felices de verdade aínda que teñamos problemas. Adorar a Xehová dálle verdadeiro sentido e propósito á nosa vida.

AFONDA MÁIS

Aprende máis sobre o amor tan grande que demostrou Xehová cando preparou a Terra para nós e o que ensina a súa Palabra sobre o propósito da vida.

Adam e Eva mirando o seu fogar, un precioso xardín cheiño de vexetación e animais.

3. Xehová ten un propósito marabilloso para os humanos

Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Por que Deus creou a Terra? (fragmento) (1:41)

  • Por que creou Deus o noso fermoso planeta?

Lede Eclesiastés 3:11, TNM e logo comentade esta pregunta:

  • Que che ensina isto sobre Xehová?

4. O propósito de Xehová non cambiou

Lede Salmo 37:11, 29 e Isaías 55:11 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que sabemos que o propósito de Deus para nós non cambiou?

A. Unha casa en mal estado. O tellado está caendo, os cristais das ventás están rotos e a entrada está chea de lixo. B. A mesma casa agora está restaurada, fermosa e ben coidadiña.

Unha casa que está en ruínas pódese restaurar. Do mesmo xeito, aínda que os humanos arruinaron a Terra, Deus vaina restaurar para aqueles que o aman

5. Adorar a Xehová dálle verdadeiro sentido á nosa vida

Saber que propósito ten a vida pode facernos felices. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Aprendín cal é o sentido da vida (5:03)

  • Como se beneficiou Terumi de aprender cal é o sentido da vida?

Lede Eclesiastés 12:13 e logo comentade esta pregunta:

  • Tendo en conta todo o que Xehová fixo por nós, como lle podemos demostrar que estamos agradecidos?

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Que sentido ten a vida?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

Xehová quere que desfrutes de vivir para sempre aquí na Terra en condicións perfectas. E incluso agora, as nosas vidas teñen verdadeiro sentido cando o adoramos de todo corazón.

Repaso

  • Cal era o propósito orixinal de Xehová para Adam e Eva?

  • Por que sabemos que o propósito de Deus para os humanos non cambiou?

  • Como podes atopar verdadeiro propósito na vida?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza as probas que demostran que o xardín de Edén de verdade existiu.

“O xardín de Edén, mito ou realidade?” (La Atalaya, 1 xaneiro 2011)

Aprende por que podemos estar seguros de que a Terra vai durar para sempre.

“Vai ser destruída a Terra?” (Artigo web)

Analiza o que di a Biblia sobre atoparlle sentido á vida.

“Cal é o sentido da vida?” (Artigo web)

Mira como un home que pensaba que o tiña todo na vida atopou o que lle faltaba.

Agora a miña vida ten sentido (3:55)

a Na seguinte lección aprenderás que foi o que saíu mal.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir