CANCIÓN 161
É un pracer vivir para ti, Xehová!
(Salmo 40:9 [40:8, TNM])
- 1. Ó saír teu Fillo da auga - e orar no río Xordán, - percibiu nas túas palabras - un cariño sen igual. - Desde entón, a túa vontade - foi pra el o principal. - O mellor de si quixo darche, - e eu vou facer igual. - (REFRÁN) - É un pracer vivir pra ti, - darche o mellor que hai en min. - Que sensación tan especial, - que alegría sen igual! - É un pracer vivir pra ti, - as túas leis poder cumprir. - O teu amor é moi real. - Louvareite sempre, Pai! - É un pracer! 
- 2. Canto máis te vou coñecendo, - máis feliz me sinto, Xehová. - Que honor falar do teu Reino - e a verdade ensinar. - Con orgullo, levo o teu Nome, - moi unido ós meus irmáns. - Esta é a vida que quero, - este é o meu lugar! - (REFRÁN) - É un pracer vivir pra ti, - darche o mellor que hai en min. - Que sensación tan especial, - que alegría sen igual! - É un pracer vivir pra ti, - as túas leis poder cumprir. - O teu amor é moi real. - Louvareite sempre, Pai! - É un pracer - vivir pra ti, Xehová! 
(Ver tamén Sal. 40:4, 11 [40:3, 10, TNM])