COMEZA CONVERSAS
LECCIÓN 6
Valor
Principio bíblico: “Tivémo-la coraxe, gracias ó noso Deus, de vos expoñe-lo Evanxeo” (1 Tes. 2:2).
Que fixo Xesús?
1. Mira o VÍDEO ou le Lucas 19:1-7. Despois pensa nas seguintes preguntas:
Por que é probable que a xente evitase a Zaqueo?
Por que lle predicou Xesús a pesar do que pensaba a xente?
Que podes aprender de Xesús?
2. Necesitamos valor para predicar a mensaxe do Reino de forma imparcial.
Imita o exemplo de Xesús
3. Confía en Xehová. O espírito santo deulle valor a Xesús para predicar e tamén pode darcho a ti (Mt. 10:19, 20; Lc. 4:18). Pídelle a Xehová que che dea coraxe para predicarlles ás persoas que che resulten intimidatorias (Feit. 4:29).
4. Non teñas prexuízos. Poida que dubides en falar con alguén polo seu aspecto físico, nivel económico ou social, estilo de vida ou crenzas. Pero recorda:
Xehová e Xesús poden ler os corazóns pero nós non.
Non é a nosa función decidir quen recibe a misericordia de Xehová e quen non.
5. Demostra valor, pero tamén respecto e prudencia (Mt. 10:16). Non discutas. Termina a conversa de forma amable se a persoa non quere escoitar as boas noticias ou sentes que a situación pode ser perigosa (Pr. 17:14).