BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • CO-pgm24 páxs. 7-8
  • Información para os asistentes

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Información para os asistentes
  • 2024 Programa do Congreso Rexional
  • Información relacionada
  • Información para os asistentes
    2025 Programa do Congreso Rexional
  • Información para os asistentes
    2022 Programa do Congreso Rexional
2024 Programa do Congreso Rexional
CO-pgm24 páxs. 7-8

Información para os asistentes

ACOMODADORES. Os acomodadores están para axudarche. Coopera con eles en todo e sigue as súas instrucións sobre o aparcamento, a circulación dentro do local, a reserva de asentos e outros asuntos.

BAUTISMO. Reservaranse os asentos da sección principal en fronte á plataforma para os candidatos ó bautismo, a menos que se indique o contrario. Os candidatos deberán ocupar eses asentos antes de que empece o discurso de bautismo o sábado pola mañá. Todos deben traer unha toalla e un traxe de baño decente.

DOAZÓNS. Realizáronse bastantes gastos co fin de proporcionar asentos adecuados, un sistema de son e vídeo, e moitos outros servizos que nos permiten desfrutar do congreso e acercarnos máis a Xehová. As túas doazóns voluntarias axudan a cubrir estes gastos e apoian a obra mundial. Para que sexa máis cómodo, puxéronse por todo o local do congreso caixas de contribucións claramente sinaladas. Pero por favor, se é posible, fai a túa doazón por Internet, en donate.jw.org. Agradécense moito tódalas contribucións. O Consello Reitor desexa darche as grazas polo teu xeneroso apoio ós intereses do Reino.

PRIMEIROS AUXILIOS. Por favor, recorda que este departamento é só para casos de emerxencia.

OBXECTOS PERDIDOS. Tódolos obxectos perdidos se deben entregar no Departamento de Obxectos Perdidos. Se perdiches algo, vai a ese lugar para recuperalo. Tamén se deben levar a ese departamento os nenos que se perderon. Pero por favor, co fin de evitar situacións de estrés innecesarias, asegúrate de saber onde están os teus fillos e mantenos cerca de ti en todo momento.

ASENTOS. Por favor, se considerado cos demais. Recorda que só podes reservar asentos para os teus familiares directos, os que viaxan no mesmo coche ca ti, vivan na mesma casa ou estuden a Biblia contigo. Non deixes obxectos en asentos que non vaias usar.

SERVIZO VOLUNTARIO. Se che gustaría participar como voluntario para axudar nos traballos do congreso, ofrécete no Departamento de Información e Servizo Voluntario.

Organizado polo Consello Reitor das Testemuñas de Xehová

A menos que se indique o contrario, tódalas referencias bíblicas están extraídas de A Biblia, propiedade da Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT), 3ª edición (2001), ou de A Biblia. Tradución do Novo Mundo. A abreviatura TNM que aparece nalgunhas referencias bíblicas refírese a Versículos da Tradución do Novo Mundo.

© 2024 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania

REUNIÓN ESPECIAL

Curso para Evanxelizadores do Reino

Un instrutor e un matrimonio usando un dispositivo electrónico para falar dun tema espiritual mentres estudan nunha biblioteca do Curso para Evanxalizadores do Reino. Vense outros estudantes estudando.

Todos aqueles que teñan as circunstancias apropiadas para ampliar o seu ministerio, están invitados a asistir á reunión que se celebrará o domingo pola tarde para os que desexan ir ó Curso para Evanxelizadores do Reino. A hora e o lugar exactos anunciaranse dende a plataforma.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir